Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1850 Valladolid, España |
Morte | 13 de xaneiro de 1916 (65 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Valladolid |
Ministro de Estado de España | |
23 de xuño de 1905 – 31 de outubro de 1905 ← Wenceslao Ramírez de Villa Urrutia (pt) – Pío Gullón Iglesias → | |
Senador do Reino | |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, político, xurista |
Empregador | Universidade de Granada |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Alumnos | Pascual Santacruz (pt) |
Familia | |
Fillos | Felipe Sánchez-Román Gallifa |
Felipe Sánchez Román, nado en Valladolid o 20 de agosto de 1850 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1916, foi un avogado e político español, ministro de Estado durante o reinado de Afonso XIII .
Nado o 20 de agosto de 1850 en Valladolid,[1] foi catedrático de Dereito Civil nas Universidades de Madrid e Granada, representando a esta foi elixido senador en 1893 sendo membro do Partido Liberal, escano que ocupou ata que en 1902 foi designado senador vitalicio. O 8 de outubro de 1897 foi nomeado, a proposta do ministro de Graza e Xustiza Alejandro Groizard Gómez de la Serna, subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza ao constituírse un Goberno de Práxedes Mateo Sagasta. Mantivo este cargo ata o 4 de marzo de 1899. Compatibilizou o cargo co de fiscal do Tribunal Supremo, para o que foi nomeado o 21 de outubro de 1897.
Exerceu de ministro de Estado entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905[2] nun goberno presidido por Montero Ríos. Anos despois, en 1908, foi nomeado Conselliero de Estado, a proposta do Presidente do Consello de Ministros Antonio Maura. Así mesmo foi membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.
Faleceu o 13 de xaneiro de 1916 en Madrid, ás dez da mañá.[1] A prensa publicou que arrastraba un catarro complicado finalmente cunha insuficiencia cardíaca. O cadáver levouse á Estación do Norte con destino a Valladolid, onde foi soterrado no panteón de cidadáns ilustres a petición da corporación municipal. Abría o cortexo o xefe do Consello de ministros, conde de Romanones, os titulares de Instrución Pública e de Graza e Xustiza, o fillo Felipe, o amigo e cuñado Rafael de Ureña e Guillermo Rolland, vicepresidente do Senado. Os estudantes de “Dereito Civil” acudiron en masa, tralo estandarte da facultade.
O seu fillo Felipe foi un significado dirixente republicano durante a Segunda República.
Predecesor: Wenceslao Ramírez de Villaurrutia |
Ministro de Estado 23 de xuño de 1905 - 31 de outubro de 1905 |
Sucesor: Pío Gullón Iglesias |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felipe Sánchez Román |