Felirati Párt

Retrato de Ferenc Deák en 1861

Felirati Párt foi un grupo político húngaro de corte liberal clásico dirixido por Ferenc Deák, era un dos dous partidos presentes na Asemblea Nacional húngara de 1861 e o que tiña a maioría na cámara.

A derrota austríaca na Guerra Franco-Austríaca 1859 significou a caída do ministro do interior Alexander von Bach que seguía unha liña dura de centralización e absolutismo e a modernización das estruturas do Imperio dos Habsburgo que se plasmou no coñecido como o Diploma de Outubro (1860) que dotaba a Austria de elementos constitucionais federalizantes, pero finalmente a Patente de Febreiro (1861) establecía un sistema centralizado que disolvía a Asemblea Nacional húngara, en resposta o parlamento húngaro rexeitou ambos os dous textos negándose a enviar representantes ao Parlamento de Viena e pedindo o restablecemento do réxime constitucional de 1848 pero no seu seo había dúas tendencias, o grupo encabezado por Deák, coñecido como Felirati Párt, era partidario de chegar a acordos coa coroa austríaca para obter o autogoberno no seo do Imperio, mentres o grupo minoritario dirixido por László Teleki ata o seu suicidio en marzo de 1861 estaba pola proclamación dun estado nacional independente.