Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1849 Ilobasco, O Salvador (pt) |
Morte | 16 de xuño de 1919 (69 anos) San Salvador, O Salvador |
Presidente do Salvador | |
1 de marzo de 1907 – 1 de marzo de 1911 ← Pedro José Escalón (pt) – Manuel Enrique Araujo → | |
Undersecretary of State in the Dispatches of War and Marine (en) | |
6 de setembro de 1900 – valor descoñecido ← Jacinto Castro (en) | |
Presidente do Salvador | |
14 de maio de 1885 – 18 de xuño de 1885 ← Rafael Zaldívar – José Rosales Herrador (pt) → | |
Minister of Finance and the Marine (en) | |
30 de abril de 1885 – valor descoñecido | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Carreira militar | |
Rango militar | general de divisão (pt) (1885–) xeneral de brigada (–1885) |
Fernando Figueroa, nado en Ilobasco o 4 de marzo de 1849 e finado en San Salvador o 16 de marzo de 1919, foi un militar e gobernante da República do Salvador en dúas ocasións, sendo a primeira en calidade de Segundo Designado á Presidencia e posteriormente como presidente en propiedade, entre o 14 de maio de 1885 ao 18 de xuño de 1885; e como Presidente da República electo para o período comprendido entre o 1 de marzo de 1907 ó 1 de marzo de 1919.
Vendo o inminente triunfo da revolución acaudillada polo xeneral Francisco Menéndez, e ó non serlle aceptada a renuncia por parte das Cámaras Lexislativas, Rafael Zaldívar por decreto 14 de maio de 1885 deposita o cargo na persoa do xeneral Fernando Figueroa, que o día anterior fora nomeado como Segundo Designado á Presidencia, asumindo o poder executivo dende ese mesmo día. Zaldívar sae do país con rumbo a Europa e tras aceptarlle as Cámaras a nova renuncia, o xeneral Figueroa é declarado Presidente da República por decreto lexislativo de 20 do mesmo mes.[1][2]
Durante esta curta administración, o xeneral Figueroa encargouse de seguir combatendo a revolución acaudillada polo xeneral Menéndez, que malia lograr a renuncia de Zaldívar, continúa a súa loita en contra da nova administración do xeneral Figueroa por considerar que seguiría as pegadas de Zaldívar, a pesar de que Figueroa propuña ás Cámaras a convocatoria a eleccións presidenciais.[3]
Esgotados os medios de conciliación, e tratando de achandar o camiño para a paz, Figueroa deposita o cargo no senador José Rosales o 18 de xuño de 1885.
O xeneral Fernando Figueroa resulta electo por maioría de votos como Presidente da República para o período 1907-1911, sucedendo a Pedro Escalón en cuxa administración se desempeñou como Secretario de Guerra e Mariña, e como o seu Vicepresidente ó doutor Manuel Enrique Araujo.[4]
Ó asumir como presidente asume na súa persoa a calidade de Secretario de Guerra, nomeado ademais como Secretario de Gobernación, Fomento e Instrución Pública a Tomás G. Palomo, como Secretario de Relacións Exteriores, Xustiza e Beneficencia a Ramón García González e como Secretario de Facenda e Crédito Público a Federico Mejía.[5]
Durante este segundo mandato, ampliouse a rede ferroviaria do país e a rede eléctrica.[6]