O ferrosilicio é o nome das aliaxes de ferro e silicio nas que a proporción de silicio oscila entre o 15 e o 90 % en peso, das que a que contén un 75 % de Si é a máis utiliada.[1]
Os ferrosilicios representan as 3/4 da utilización do silicio metal (agás o SiO2) e o 20 % da produción de ferroaliaxes.[1]
Existen dou métodos de produción:
O ferrosilicio é un produto destinado á siderurxia, xa que a súa alta densidade e baixo custo fan del un elemento de aliaxe corrente na fabricación de aceiros.
Cómpre sinalar que a fábrica da empresa FerroAtlántica en Cee, a de maior antigüidade e cabeceira do complexo industrial Cee-Dumbría, ten unha capacidade anual de produción de 18.000 t de ferrosilicio (ademais doutras ferroaliaxes: 37.000 de silicomanganeso e 5.000 de ferromanganeso, entre outros produtos).[3]