Tipo | fervenza ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cantón de San Galo, Suíza e Amden, Suíza ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 585 (![]() | |||
As fervenzas do Seerenbach (en alemán: Seerenbachfälle) son unhas fervenzas triplas naturais de Suíza, que se atopan no concello de Amdem, no cantón de Sankt Gallen. Atópase a 39 km de Vaduz.
Cun total de tres caídas, a fervenza superior ten unha altura de 50 metros, a mediana 305 metros, e a baixa unha caída de 190 metros, sumando as tres 585 metros. As caídas de auga forman un arroio que alimenta o lago de Walen.
A caída acumulada é a maior de calquera outra fervenza no país. Atendendo só á mediana, esta sería a segunda caída máis alta en Suíza despois da Fervenza do Mürrenbach con 417 metros.[1]
O acceso a pé conta cunha ruta sinalizada. Para chegar con coche, só conta cunha estrada estreita destinada só a un vehículo con quenda rotatoria cada media hora para acceder nun sentido e despois no contrario.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fervenzas do Seerenbach ![]() |