A 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 17 até o 28 de maio de 2017, en Cannes, Francia.[1] O director de filme e guionista español Pedro Almodóvar foi o Presidente do Xurado, e a actriz italiana Monica Bellucci presentou as cerimonias de apertura e peche.[2][3] Les Fantômes d'Ismaël, dirirxido polo francés Arnaud Desplechin, foi o filme inaugural do festival.[4][5]
O festival celebrou o seu 70 aniversario. A finais de marzo de 2017, o póster oficial do festival foi revelado amosando a actriz italiana Claudia Cardinale.[6] A actriz respondeu, "'Estou honrada e orgullosa de ver voar a bandeira para o 70 Festival de Cannes, e estou encantada con esta escolla de fotos. É a imaxe que eu mesma teño do Festival, dun evento que ilumina todo ó redor... Feliz aniversario!"[7]
A Palma de Ouro recaeu sobre o filme sueco The Square, dirixido por Ruben Östlund, que tamén foi o filme que pechou a última noite do festival.[8][9][10]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017 |