Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018

A 71ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 8 até o 19 de maio de 2018.[1] A actriz australiana Cate Blanchett actuou como Presidenta do Xurado.[2] O filme xaponés Manbiki Kazoku, dirixido por Hirokazu Kore-eda, gañou a Palma de Ouro.[3]

O suspense psicolóxico de Asghar Farhadi Todos lo saben, protagonizado por Javier Bardem, Penélope Cruz e Ricardo Darín, inaugurou o festival e competiu na sección da Competición Principal. Foi o segundo filme en lingua castelá en inaugurar Cannes, logo de La mala educación de Pedro Almodóvar, que se proxectou na noite inaugural do Festival de Cannes de 2004.[4]

O póster oficial do festival amosa a Jean-Paul Belmondo e Anna Karina, do filme de 1965 de Jean-Luc Godard Pierrot le Fou. É a segunda vez que o póster do festival está inspirado nun filme de Godard, logo do póster baseado en Le Mépris no Festival de Cannes de 2016. De acordo coa declaración oficial do festiva, o póster está inspirado e rende tributo ó traballo do fotógrafo francés Georges Pierre.[5]

Manifestación de directoras pedindo igualdade entre homes e mulleres na industria do cinema, o 12 de maio.
  1. Williamson, Pam (21 de xuño de 2017). SeeCannes, ed. "2018 Cannes Film Festival dates announced" (en inglés). seecannes.com. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  2. The Guardian, ed. (4 de xaneiro de 2018). "Cate Blanchett to head Cannes film festival jury". Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  3. BBC News (ed.). "Cannes 2018: Japanese indie Shoplifters wins Palme d'Or". Consultado o 20 de maio de 2018. 
  4. Keslassy, Elsa (5 de abril de 2018). "Asghar Farhadi's 'Everybody Knows' to Open and Compete at Cannes Film Festival". Variety. Consultado o 6 de abril de 2018. 
  5. "Cannes Film Fest Poster 2018: Stolen Kisses In Jean-Luc Godard's 'Pierrot Le Fou". Consultado o 11 de abril de 2018.