Estrutura cristalográfica da rexión cbEGF9-híbrido2-cbEGF10 da fibrilina-1 humana.[1] | |
Identificadores | |
Símbolo | FBN1 |
Símbolos alt. | FBN, MFS1, WMS |
Entrez | 2200 |
HUGO | 3603 |
OMIM | |
PDB | 2W86 |
RefSeq | NM_000138 |
UniProt | P35555 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 15 q21.1 |
Fibrilina-2
| |
Identificadores | |
Símbolo | FBN2 |
Símbolos alt. | CCA |
Entrez | 2201 |
HUGO | 3604 |
OMIM | |
RefSeq | NM_001999 |
UniProt | P35556 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 5 q23-q31 |
Fibrilina-3
| |
Identificadores | |
Símbolo | FBN3 |
Entrez | 84467 |
HUGO | 18794 |
OMIM | |
RefSeq | NM_032447 |
UniProt | Q75N90 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 19 p13 |
A fibrilina é unha glicoproteína que é esencial para a formación de fibras elásticas do tecido conectivo.[2] A fibrilina segrégana os fibroblastos á matriz extracelular e incorpórase ás microfibrilas insolubles, as cales parecen proporcionar un armazón para a deposición de elastina.[3]
A síndrome de Marfan é un trastorno xenético que afecta o tecido conectivo causado por un defecto no xene FBN1. As mutacións en FBN1 (e en FBN2) están por veces tamén asociadas coa escoliose idiopática adolescente.[4]
A fibrilina-1 é o principal compoñente das microfibrilas que forman unha vaíña arredor da elastina amorfa. Crese que as microfibrilas están compostas por un polímero cola-con-cola de fibrilina. Ata agora describíronse en humanos 3 formas de fibrilina e un 4º tipo descubriuse en peixes. A fibrilina-1 illouna Engvall en 1986,[5] e as mutacións no xene FBN1 que a codifica causan a síndrome de Marfan.[6][7]
Esta proteína encóntrase en humanos e o seu xene está situado no cromosoma 15. Ata o momento describíronse máis de 1500 mutacións distintas neste xene.[1][7]
Non se obtivo a estrutura completa e de alta resolución da fibrilina-1. No seu lugar, producíronse fragmentos curtos por recombinación e as súas estruturas foron resoltas por cristalografía de raios X ou usando espectrometría de RMN. Un exemplo recente é a estrutura do dominio híbrido2 da fibrilina-1, obtida en contexto cos seus dominios de factor de crecemento epidérmico de unión ao calcio que o flanquean, que foi determinada usando cristalografía de raios X a unha resolución de 1,8 Å.[1] As microfibrilas que están feitas da proteína fibrilina son responsables de diferentes interaccións célula-matriz no corpo humano.
A fibrilina-2 foi illada en 1994 por Zhang[8] e pénsase que xoga un papel na elastoxénese temperá. As mutacións no xene da fibrilina-2 foron ligadas á síndrome de Beals.
Máis recentemente, describiuse a fibrilina-3 e crese que se localiza principalmente no cerebro.[9] Ademais, tamén foi detectada nos testículos e ovarios de ratos de campo.
A fibrilina-4 descubriuse primeiramente no peixe cebra e ten unha secuencia similar á da fibrilina-2.[10]