O fío de seda componse de dúas proteínas principais: a fibroína e a sericina. A fibroína forma o centro estrutural da seda; e a sericina, o material pegañento que a rodea, pero que se perde ao cocer os casulos do verme para extraer o fío de seda.
A proteína fibroína ten un peso molecular de entre 350.000 e 415.000 daltons.[2] está constituída por capas superpostas de láminas betaantiparalelas, que están separadas alternadamente 0,35 nm nunha capa e 0,57 nm na seguinte. A súa estrutura primaria componse principalmente da secuencia de aminoácidos repetida (Gly-Ser-Gly-Ala-Gly-Ala) no verme da seda. A alta proporción de glicina (Gly) e alanina (Ala), que son aminoácidos con cadeas laterais pequenas, fan posible a embalaxe hermética das láminas, o que contribúe á dar a estrutura ríxida da seda, que non se pode estirar (resistencia á tracción), para o cal habería que romper enlaces covalentes. As láminas permanecen xuntas por enlaces febles doadamente modificables, o que lle dá á seda a súa flexibilidade.[3] A combinación de rixidez e resistencia fan que o material sexa aplicable en varias áreas, como a biomedicina e a fabricación téxtil.
A fibroína disponse formando tres posibles estruturas, chamadas seda I, II e III.
A seda I é a forma natural da fibroína, tal como é emitida desde as glándulas de seda de Bombyx mori.
A seda II é a disposición das moléculas de fibroína da seda fiada, que ten unha maior resistencia e utilízase a miúdo en diversas aplicacións comerciais.
A seda III é unha estrutura recentemente descuberta da fibroína. Fórmase principalmente en solucións de fibroína nunha interface (de aire e auga, de auga e aceite etc.) [4]
A fibroína, ademais de na industria téxtil da seda, ten moitas posibles aplicacións. Estúdase a súa
aplicación para fabricar membranas que se poden utilizar como matrices para aplicacións biomédicas, para dirixir a rexeneración de tecidos ou apósitos para queimados, e comprobouse que xeran pouca resposta inflamatoria.[6] Tamén se fabricaron nanofibras de fibroína para cultivos celulares, que poderían ter aplicacións biomédicas [7].
O xene da fibroína foi clonado [8] e preparáronse mapas de restrición.[9]. O xene da fibroína foi clonado experimentalmente en bacterias e mesmo en cabras, que a producen no seu leite.
↑Valluzzi, Regina; Gido, Samuel P.; Muller, Wayne; Kaplan, David L. (1999). "Orientation of silk III at the air-water interface". International Journal of Biological Macromolecules 24 (2-3): 237–242. doi:10.1016/S0141-8130(99)00002-1. Fibroin
↑Tetsuo Asakura, Akio Kuzuhara, Ryoko Tabeta, Hazime Saito. Conformational characterization of Bombyx mori silk fibroin in the solid state by high-frequency carbon-13 cross polarization-magic angle spinning NMR, x-ray diffraction, and infrared spectroscopy. Macromolecules, 1985, 18 (10), pp 1841–1845. DOI 10.1021/ma00152a009. [3]
↑Matteo Santin1, Antonella Motta, Giuliano Freddi, Mario Cannas. In vitro evaluation of the inflammatory potential of the silk fibroin. Journal of Biomedical Materials Research. Volume 46, Issue 3, pages 382–389, 5 September 1999.
DOI 10.1002/(SICI)1097-4636(19990905)46:3<382::AID-JBM11>3.0.CO;2-R [4]
↑Y. Ohshima, Y. Suzuki. Cloning of the silk fibroin gene and its flanking sequences. Proc. Natl. Acad. Sci. USA. Vol. 74, No. 12, pp. 5363-5367, December 1977. [5]Arquivado 25 de novembro de 2011 en Wayback Machine.