Kenya presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por vez primeira no ano 2012.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kenya para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2012 (85ª) |
Nairobi Half Life[3] | Suahili | David 'Tosh' Gitonga | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Kati Kati[7] | Suahili e inglés | Mbithi Masya | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Supa Modo[8] | Suahili | Likarion Wainaina | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Subira[9] | Suahili | Ravneet Sippy Chadha | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Barua[10] | Suahili | Maia Lekow e Chris King | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Mission to Rescue[11] | Suahili | Gilbert Lukalia | Non nomeado |
2022 (95ª) |
TeraStorm | Suahili e inglés | Andrew Kaggia | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Mvera[12] | Suahili | Daudi Anguka | Non nomeado |