O Camerún presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 1980.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Camerún para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
1980 (53ª) |
Notre fille | Francés | Daniel Kamwa | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Yahan Ameena Bikti Hai[7] | Hindi | Kumar Raj | Non saíu na lista final[8] |
2020 (93ª) |
The Fisherman's Diary[9] | Pidgin camerunés | Enah Johnscot | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Rêves cachés[10] | Inglés e francés | Ngang Romanus | Non nomeado |
2022 (95ª) |
The Planter's Plantation | Pidgin camerunés | Dingha Young Eystein | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Half Heaven[11] | Pidgin camerunés | Enah Johnscott | Non nomeado |