A identificación do posmodernismo en filosofía e cultura como unha entidade distinta do modernismo, e o esclarecemento dos vínculos entrambos, é unha cuestión aínda aberta na teoría contemporánea. A crítica das nocións lineais da historia levou os seus partidarios a definir como posmodernos autores do século XIX; sobre todo Friedrich Nietzsche; e aínda da Antigüidade clásica; Protágoras, Gorxias, Isócrates e outros sofistas. Este artigo examinará brevemente os precursores, pero concentrarase na produción teórica relacionada de maneira máis ou menos directa coa crise do estruturalismo nos anos 1960.
A idea dun pensamento posmoderno foi fonte de arduas discusións e aínda o continúa sendo.
Unha das fontes desta discusión encóntrase en que non é capaz de definirse en termos precisos, pois son o resultado de diferentes ideas, pensamentos e percepcións nos distintos campos da cultura occidental. Así no campo científico, a teoría da relatividade e posteriormente a física cuántica, revolucionaron a física gravitacional newtoniana e a forma de interpretar o universo. Do mesmo modo, fixérono no campo filosófico. Na ciencia foi moi importante a enunciación do Principio de Incerteza de Heisenberg, nome que define unha das maiores características do pensamento posmoderno así como as consecuencias do teorema de Bell.
O mesmo ocorreu na área da psicoloxía e da psiquiatría co devir da psicanálise e as súas diferentes escolas ata chegar a Laing e Lacan. En canto á filosofía e á literatura, a achega posmoderna é moi parecida ao que no seu momento produciu o romanticismo. Franz Kafka e Milan Kundera son dous autores exemplos. O fenómeno Rowling coa saga Harry Potter pode ser o seu corolario.
O filósofo italiano Gianni Vattimo define o pensamento posmoderno con claridade: nel o importante non son os feitos senón as súas interpretacións. Así como o tempo depende da posición relativa do observador, a certeza dun feito non é máis ca iso, unha verdade relativamente interpretada e polo mesmo, incerta. O modelo determinista da causalidade, da verdade absoluta e da teoría do tempo lineal ou a vivencia da xeometría euclidiana, foron ata hai pouco paradigmas agora superados polo coñecemento dun espazo de catro dimensións, no cal a variable tempo entón non fora tomada moi en serio.
Na literatura a fusión do espazo e do tempo na narración e a percepción difusa da realidade, así como os distintos puntos de vista do ou dos narradores, xunto á simultaneidade dos xéneros, especialmente na novela, levou á ruptura das técnicas clásicas, abolidas por unha absoluta liberdade tanto en estilo, forma e fondo. A literatura de imaxes, onde a realidade e a ficción comparten o mesmo espazo-tempo, parécese á cinematografía, na cal os debuxos animados comparten os mesmos lugares e a mesma vida cós actores de carne e óso.
A posmodernidade, por máis polifacética que pareza, non significa unha ética de carencia de valores no sentido moral, pois precisamente a súa maior influencia se manifesta no actual relativismo cultural e na crenza de que nada é totalmente malo nin absolutamente bo. A moral posmoderna é unha moral crítica do cinismo relixioso predominante na cultura occidental e fai énfase nunha ética baseada na intencionalidade dos actos e a comprensión inter e transcultural de corte secular dos mesmos.
É unha nova forma de ver a estética, unha novo orde de interpretar valores, unha nova forma de relacionarse, intermediadas moitas veces polos factores posindustriais; todas estas e moitas outras son características deste modo de pensar.
Un dos síntomas sociais máis significativos da posmodernidade encóntrase na saga de películas "Matrix", onde o realce da estética e a ausencia de culpa causal, unidos á percepción dun futuro e unha realidade incertas fanse evidentes.
Os ideólogos máis destacados na área da posmodernidade son Jean Baudrillard, Theodor Adorno, Jean-François Lyotard, Michel Foucault, Gianni Vattimo, Jacques Derrida,...
Jürgen Habermas: Dende o punto teórico-filosófico xirou en torno a este autor. Para este autor, a posmodernidade en realidade preséntase como anti-modernidade. El define os posmodernistas como 'xoves conservadores' e di que estes recuperan a experiencia básica da modernidade estética; 'reclaman como súas as confesións de algo que é subxectivo, liberado das obrigas do traballo e a utilidade e con esta experiencia dan un paso fóra do mundo moderno. Este autor defendía o multiculturalismo, e que a humanidade debe tender cara á modernidade.
Jean-François Lyotard: Este autor critica a sociedade actual posmoderna e di que vai máis alá do estético, critica a desaparición dos relatos marxistas porque estamos determinados por factores económicos e hai ausencia de liberdade que é o que caracterizaba a este movemento, criticaba os relatos idealistas, iluministas, o cristián e o liberal así como a desaparición dos mandatos. A cultura Posmoderna tamén se caracteriza por desconfiar neses relatos e buscaban as verdades deses relatos baseándose nos seus efectos prácticos. Defendía a pluralidade cultural e que a humanidade non ha de tender á modernidade, o contrario que Habermas.
Andreas Huyssen: Para este autor, existe unha relación entre modernismo estético e o postestruturalismo (que é unha variante de modernismo confiado no seu rexeitamento da representación e a realidade na súa negación do suxeito, a historia etc.) Este autor defende que a cultura posmoderna debería ser captada nos seus logros e as súas perdas, nas súas promesas e perversións e intenta defender coas súas obras ('Dialecta Escondida', 'Guía da Posmodernidade'...) que se as vangardas intentaron cambiar o mundo, máis o fixo a tecnoloxía, a industria cultural. O xurdimento da cultura posmoderna debeuse ás novas tecnoloxías que se apoian na linguaxe: os medios de comunicación e a cultura da imaxe. Segundo Lyotard, as tecnoloxías comunicativas produciron unha sociedade da información.