O fils (en árabe: فلس) é unha moeda divisionaria da unidade monetaria principal utilizada por diversos países árabes.[1][2]
Fils é unha palabra singular en lingua árabe; a súa forma de plural é fulûs (فلوس) e significa tamén, xenericamente, "diñeiro", nalgunhas das variedades do árabe.
O termo é unha transcrición moderna de fals, unha moeda altomedieval dos califatos Omeias (661-750) e dos Abbásidas (750-1258), e procede, pola súa vez, da forma latina follis, que designaba unha moeda romana de cobre e tamén, posteriormente, unha moeda bizantina.[3]
País | Unidade principal | ISO 4217 | División |
---|---|---|---|
Bahrain | Dinar bahreiní | BHD | 1.000 fils |
Iraq | Dinar iraquí | IQD | 1.000 fils |
Kuwait | Dinar kuwaití | KWD | 1.000 fils |
Emiratos Árabes Unidos | Dirham dos EAU | AED | 1.000 fils |
Iemen | Rial iemení | YER | 100 fils |
Xordania | Dinar xordano | JOD | 100 fils |