Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Sugamuxi | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 109,9 km² | ||||
Altitude | 2.442 m | ||||
Creación | 1781 | ||||
Páxina web | firavitoba-boyaca.gov.co… |
Firavitoba é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. Atópase a uns 77 quilómetros da cidade de Tunja, a capital do departamento e a 10 km de Sogamoso, a capital da provincia.
Existen tres versións sobre a orixe do nome de Firavitoba. A primeira indica que a expresión se deriva das palabras muiscas fiva (vento) e obta (cume), e segundo iso, significa vento do cume; a segunda afirma que Firavitoba provén do nome dun cacique chamado Covcha Viraba.[1][2]. A terceira que o seu nome se xerou dos termos muiscas Fiba (aire) e Faoa (nubes), que ó ser mal pronunciados polos españois á súa chegada terminou soando como Firavitoba.[3]