Fitoflueno[1] | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
15-cis-7,8,11,12,7′,8′-Hexahidro-ψ,ψ-caroteno | |
(6E,10E,12E,14E,16Z,18E,22E,26E)-2,6,10,14,19,23,27,31-Octametildotriaconta-2,6,10,12,14,16,18,22,26,30-decaeno | |
Outros nomes 15-cis-Fitoflueno | |
Identificadores | |
Número CAS | 27664-65-9 |
PubChem | 6857557 |
ChemSpider | 5256893 |
UNII | 3V8034L59C |
ChEBI | CHEBI:35165 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C40H62 |
Masa molar | 542,92 g mol−1 |
Aspecto | Aceite laranxa viscoso |
Punto de ebulición | 140–185 °C; 284–365 °F; 413–458 K |
Solubilidade en auga | Insoluble |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O fitoflueno é un carotenoide incoloro que se atopa de forma natural nos tomates e outras hortalizas. É o segundo produto que se forma na biosíntese dos carotenoides.[2] Fórmase a partir do fitoeno nunha reacción de desaturación que orixina formación de cinco dobres enlaces conxugados. No seguinte paso biosintético, a adición de enlaces dobres conxugados carbono-carbono causa a formación de ζ-caroteno e a aparición dunha cor visible.
O fitoflueno ten un espectro de absorción no rango dos UVA, cunha absorción máxima a 348 nm e cun ε1% de 1557.
A análise de varios froitos e verduras mostrou que o fitoeno e o fitoflueno se atopan na maioría deles.[3] A diferenza doutros carotenoides, o fitoeno e o fitoflueno, os dous primeiros precursores na ruta de biosíntese doutros carotenoides, absorben luz UV.
O fitoeno e fitoflueno procedentes da dieta acumúlanse na pel humana e outros órganos.[4] A acumulación destes carotenoides protexe a pel por diversos mecanismos: actuando como absorbentes de UV, como antioxidantes e como axentes antiinflamatorios.[5][6]