Os fitosteroides ou esteroides vexetais son esteroides naturais que se encontran en plantas.[1] Algúns esteroides de fungos, como o ergosterol considéranse tamén fitosterois.[2] Exemplos son a digoxina, dixitoxina, diosxenina e guggulsterona, así como fitosterois como o β-sitosterol e outros fitoestróxenos como as isoflavonas.[1] Outros exemplos son os brassicosteroides (uns polihidroxiesteroides), a catasteronas, fitoecdisteroides e as teasteronas (uns 22-hidroxisteroides).[3]
A formación de fitosteroides difire do proceso de formación dos esteroides animais en que se producen substitucións no C24 e/ou un dobre enlace no C22.[2]
Os fitoesteroides presentes en alimentos vexetais poden interferir co sistema endócrino ao interaccionaren cos receptores de esteroides ou inhibiren encimas que interveñen no metabolismo de esteroides.[4]
Algúns fitosteroides teñen actividade larvicida, polo que poderían ter un uso como pesticidas. Os da planta Solanum nigrum presentan actividade contra larvas de mosquito.[5]
Outros esteroides extraídos de Alisma orientale mostraron actividade de inhibición de formación de osteoclastos en ratos, polo que favorecen o mantemento do tecido óseo e poderían ter un uso en doenzas nas que hai perda ósea, como osteoporose, artrite reumatoide ou periodontite.[6]
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |