Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | 475 (Gregoriano) |
Familia | |
Fillos | Feleteo |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Flaciteo ou Flaccitheus, finado en 475 foi o fundador do Reino dos ruxios.
Pouco se sabe sobre el, só que se menciona na Vita Sancti Severini de Euxipio. Despois da batalla de Nedao en 454, os ruxios establecéranse na ribeira norte do Danubio. Durante a subsecuente ruptura da orde romana no Nórico, os ruxios explotaran a situación para consolidaren o seu poder. Sobre o 467, Flaciteo estableceu o reino dos ruxios. Estivo en frecuente conflito cos ostrogodos, e malia o seu arianismo, foi un seguro colaborador de Severino de Nórico.
Flaciteo morreu probabelmente sobre o 475, e sucedenuno o seu fillo Feleteo.