Floor Is Lava é un programa de televisión estadounidense de 2020 presentado por Rutledge Wood.[1] O programa, con formato de concurso, estreouse en Netflix o 19 de xuño de 2020.[2] A súa dinámica está baseada no xogo de nenos "o chan é lava", segundo o cal os concursantes deben atravesar unha sala chea de obstáculos e obxectos cuxo chan está cuberto por un líquido vermello que simula lava quente.[3] Os gañadores conseguen 10 000 dólares e unha lámpada de lava como trofeo.[3]
Floor Is Lava estreouse o 19 de xuño de 2020 a través de Netflix.[4]