Un fluoróforo ou fluorocromo (termo similar a cromóforo) é un composto químico fluorescente que pode reemitir luz cando é excitado pola luz. Os fluoróforos conteñen caracteristicamente varios grupos aromáticos combinados ou moléculas planas ou cíclicas con varios enlaces π.[1]
Os fluoróforos son ás veces usados sós, como trazadores en fluídos, como tinguiduras para tinguir certas estruturas, como substratos dun encima, ou como sondas ou indicadores (cando a súa fluorescencia é afectada por aspectos ambientais como a polaridade ou ións). Pero o máis xeral é que se usen unidos covalentemente a macromoléculas, funcionando como marcadores (ou tinguiduras ou etiquetas ou reporteiros) para reactivos de afinidade ou bioactivos (anticorpos, péptidos, ácidos nucleicos). Os fluoróforos son usados para tinguir tecidos, células ou materiais nunha variedade de métodos analíticos, como na obtención de imaxes fluorescentes e na espectroscopia de fluorescencia.
A fluoresceína, por medio do seu derivado aminorreactivo de isotiocianato, o isotiocianato de fluoresceína (FITC), foi un dos fluoróforos máis utilizados. Desde a súa aplicación inicial para o etiquetado de anticorpos, as aplicacións ampliáronse aos ácidos nucleicos grazas á utilización da carboxifluoresceína. Outros fluoróforos historicamente comúns son os derivados da rodamina (TRITC), coumarina e cianina.[2] As novas xeracións de fluoróforos, moitos dos cales son de marcas comerciais, adoitan ter unhas prestacións mellores, como ser máis fotoestables, máis billantes ou menos sensibles ao pH que as tingjuiduras tradicionais cunha excitación e emisión comparables.[3][4]
O fluoróforo absorbe enerxía da luz dunha lonxitude de onda específica e reemite luz dunha lonxitude de onda máis longa. As lonxitudes de onda absorbidas, a eficiencia da transferencia de enerxía, e o tempo antes da emisión dependen da estrutura do fluoróforo e do seu ambiente químico, xa que a molécula no seu estado excitado interacciona coas moléculas que o rodean. As lonxitudes de onda de absorción máxima (≈ excitación) e emisión (por exemplo, Absorión/Emisión = 485 nm/517 nm) son as propiedades típicas usadas para referirse a un fluoróforo determinado, pero o espectro completo pode ser tamén algo importante a considerar. O espectro de lonxitudes de onda de excitación pode ser unha banda moi estreita ou moi ancha ou pode estar todo máis alá do nivel límite. O espectro de emisión é xeralmente máis nítido que o espectro de excitación, e é dunha lonxitude de onda mais longa e, en consecuencia, dunha enerxía menor. As enerxías de excitación van desde o ultravioleta ata o espectro visible, e as enerxías de emisión poden continuar desde a luz visible á rexión do infravermello próximo.
As principais características dos fluoróforos son:
Destas carcterísticas derivan outras propiedades, como o fotobranqueamento ou a fotorresistencia (perda de fluorescencia despois dunha excitación continua pola luz). Deberían considerarse igualmente outros parámetros, como a polaridade da molécula fluoróforo, o tamaño e forma do fluoróforo (é dicir, para o padrón de fluorescencia de polarización), e outros factores poden cambiar o comportamento dos fluoróforos.
Os fluoróforos poden usarse tamén para atenuar (quench) a fluorescencia doutras tinguiduras fluorescentes ou para transmitir a súa fluorescencia a lonxitudes de onda incluso máis longas.
A maioría dos fluoróforos son pequenas moléculas orgánicas de 20–100 átomos (200–1000 daltons (Da); o peso molecular pode ser maior dependendo das modificacións aplicadas e as moléculas conxugadas), pero hai tamén fluoróforos naturais moito máis grandes que son proteínas: a proteína fluorescente verde (GFP) é de 27 kDa, e varias ficobiliproteínas (PE, APC...) son de 240 kDa. En 2020 o fluoróforo máis pequeno coñecido era o 3-hidroxiisonicotinaldehido, un composto de só 14 átomos e só 123 Da.[8]
As partículas fluorescentes como puntos cuánticos (2–10 nm de diámetro, 100–100.000 átomos) son tamén considerdas fluoróforos.[9]
O tamaño do fluoróforo podería ocultar estericamante a molécula etiquetada e afectar a polaridade de fluorescencia.
As moléuculas fluoróforos poden ser utilizadas soas ou servir como motivo fluorescente dun sistema funcional. Baseándose na complexidade molecular e métodos sintéticos, as moléculas fluoróforas poderían ser xeralmente clasificadas en catro categorías: proteínas e péptidos, pequenos compostos orgánicos, oligómeros e polímeros sintéticos, e sistemas multicompoñentes.[10][11]
As proteínas fluorescentes GFP, YFP e RFP (verde, amarela e vermella, respectivamente) poden ser unidas a outras proteínas específicas para formar unha proteína de fusión, sintetizada en células despois da transfección dun plásmido transportador axeitado.
Os fluoróforos orgánicos non proteicos pertencen ás seguintes familias químicas principais:
Estes fluoróforos fluorescen debido a electróns deslocalizados que poden saltar unha banda e estabilizar a enerxía absorbida. Por exemplo, o benceno, un dos hidrocarburos aromáticos máis simples, é excitado a 254 nm e emite a 300 nm.[12] Isto discrimina os fluoróforos dos puntos cuánticos, que son nanopartículas semicondutoras fluorescentes.
Poden ser unidos a proteínas a grupos funcionais específicos, como grupos amino (éster activo, carboxilato, isotiocianato, hidrazina), gruos carboxilo (carbodiimida), tiol (maleimida, bromuro de acetilo) e azida orgánica (por medio de química click ou non especificamente (glutaraldehido)).
Ademais, varios grupos funcionais poden estar presentes para alterar as súas propiedades, como a solubilidade, ou conferir propiedades especiais, como o ácido borónico que se une a azucres ou múltiples grupos carboxilo para enlazar certos catións. Cando a tinguidura contén un doante de electóns e un grupo aceptor de electróns en extremos opostos dun sistema aromático, esta tinguidura probablemente será sensible á polaridade do ambiente (solvatocrómica), polo que se chama sensible ao ambiente. A miúdo as tinguiduras utilízanse dentro das células, que son impermeables a moléculas cargadas; como resultado disto, os grupos carboxilo son convertidos nun éster, que é retirado por esterases dentro das células; por exemplo, fura-2AM e fluoresceína-diacetato.
As seguintes familias de tinguiduras son grupos de marcas comerciais e non necesariamente comparten semellanzas estruturais.
Os fluoróforos teñen especial importancia no campo de bioquímica e estudos de proteínas, por exemplo, en inmunofluorescencia, análise de células,[13] inmunohistoquímica,[3][14] e sensores de pequenas moléculas.[15][16]
As tinguiduras fluorescentes, que utilizan o nome de "colores neon", atoparon unha ampla variedade de usos na industria, como:
Tinguidura | Ex (nm) | Em (nm) | PM | Notas |
---|---|---|---|---|
Hidroxicoumarina | 325 | 386 | 331 | Succinimidil éster |
Aminocoumarina | 350 | 445 | 330 | Succinimidil éster |
Metoxicoumarina | 360 | 410 | 317 | Succinimidil éster |
Cascade Blue | (375);401 | 423 | 596 | Hidrazida |
Pacific Blue | 403 | 455 | 406 | Maleimida |
Pacific Orange | 403 | 551 | ||
3-Hidroxiisonicotinaldehido | 385 | 525 | 123 | QY 0.15; sensible ao pH |
Amarelo Lucifer | 425 | 528 | ||
NBD | 466 | 539 | 294 | NBD-X |
R-Ficoeritrina (PE) | 480;565 | 578 | 240 k | |
Conxugdos PE-Cy5 | 480;565;650 | 670 | tamén coñecidos como Cychrome, R670, Tri-Color, Quantum Red | |
Conxugados PE-Cy7 | 480;565;743 | 767 | ||
Red 613 | 480;565 | 613 | PE-Texas Red | |
PerCP | 490 | 675 | 35kDa | Proteína peridinina clorofila |
TruRed | 490,675 | 695 | Conxugados PerCP-Cy5.5 | |
FluorX | 494 | 520 | 587 | (GE Healthcare) |
Fluoresceína | 495 | 519 | 389 | FITC; sensible ao pH |
BODIPY-FL | 503 | 512 | ||
G-Dye100 | 498 | 524 | axeitado para a etiquetaxe de proteínas e electroforese | |
G-Dye200 | 554 | 575 | axeitado para a etiquetaxe de proteínas e electroforese | |
G-Dye300 | 648 | 663 | axeitado para a etiquetaxe de proteínas e electroforese | |
G-Dye400 | 736 | 760 | axeitado para a etiquetae de proteínas e electroforese | |
Cy2 | 489 | 506 | 714 | QY 0.12 |
Cy3 | (512);550 | 570;(615) | 767 | QY 0.15 |
Cy3B | 558 | 572;(620) | 658 | QY 0.67 |
Cy3.5 | 581 | 594;(640) | 1102 | QY 0.15 |
Cy5 | (625);650 | 670 | 792 | QY 0.28 |
Cy5.5 | 675 | 694 | 1272 | QY 0.23 |
Cy7 | 743 | 767 | 818 | QY 0.28 |
TRITC | 547 | 572 | 444 | TRITC |
X-Rhodamine | 570 | 576 | 548 | XRITC |
Lissamine Rhodamine B | 570 | 590 | ||
Texas Red | 589 | 615 | 625 | Cloruro de sulfonilo |
Aloficocianina (APC) | 650 | 660 | 104 k | |
Conxugados APC-Cy7 | 650;755 | 767 | Far Red |
Abreviaturas:
Tinguidura | Ex (nm) | Em (nm) | PM | Notas |
---|---|---|---|---|
Hoechst 33342 | 343 | 483 | 616 | Selectivo para AT |
DAPI | 345 | 455 | Selectivo para AT | |
Hoechst 33258 | 345 | 478 | 624 | Selectivo para AT |
SYTOX Blue | 431 | 480 | ~400 | ADN |
Cromomicina A3 | 445 | 575 | Selectivo para CG | |
Mitramicina | 445 | 575 | ||
YOYO-1 | 491 | 509 | 1271 | |
Bromuro de etidio | 210;285 | 605 | 394 | En solución acuosa |
GelRed | 290;520 | 595 | 1239 | Substituo non tóxico do brumuro de etidio |
Laranxa de acridina | 503 | 530/640 | ADN/ARN | |
SYTOX Green | 504 | 523 | ~600 | ADN |
TOTO-1, TO-PRO-1 | 509 | 533 | Tinguidura vital, TOTO: dímero de cianina | |
TO-PRO: monómero de cianina | ||||
Laranxa de tiazol | 510 | 530 | ||
CyTRAK Orange | 520 | 615 | - | (Biostatus) (excitación vermella escura) |
Ioduro de Propidium (PI) | 536 | 617 | 668.4 | |
LDS 751 | 543;590 | 712;607 | 472 | DNA (543ex/712em), RNA (590ex/607em) |
7-AAD | 546 | 647 | 7-aminoactinomicina D, selectivo para CG | |
SYTOX Orange | 547 | 570 | ~500 | ADN |
TOTO-3, TO-PRO-3 | 642 | 661 | ||
DRAQ5 | 600/647 | 697 | 413 | (Biostatus) (excitación usable por debaixo de 488) |
DRAQ7 | 599/644 | 694 | ~700 | (Biostatus) (excitación usable por debaixo de 488) |
Tinguidura | Ex (nm) | Em (nm) | PM | Notas |
---|---|---|---|---|
Indo-1 | 361/330 | 490/405 | 1010 | AM éster, calcio baixo/alto (Ca2+) |
Fluo-3 | 506 | 526 | 855 | AM éster. pH > 6 |
Fluo-4 | 491/494 | 516 | 1097 | AM éster. pH 7.2 |
DCFH | 505 | 535 | 529 | 2'7'Dicorodihidrofluoresceína, forma oxidada |
DHR | 505 | 534 | 346 | Dihidrorodamina 123, forma oxidada, a luz cataliza a oxidación |
SNARF | 548/579 | 587/635 | pH 6/9 |
Tinguidura | Ex (nm) | Em (nm) | PM | QY | BR | PS | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
GFP (mutación Y66H) | 360 | 442 | |||||
GFP (mutación Y66F) | 360 | 508 | |||||
EBFP | 380 | 440 | 0,18 | 0,27 | monómero | ||
EBFP2 | 383 | 448 | 20 | monómero | |||
Azurita | 383 | 447 | 15 | monómero | |||
GFPuv | 385 | 508 | |||||
T-Sapphire | 399 | 511 | 0,60 | 26 | 25 | dímero débil | |
Cerulean | 433 | 475 | 0,62 | 27 | 36 | dímero débil | |
mCFP | 433 | 475 | 0,40 | 13 | 64 | monómero | |
mTurquoise2 | 434 | 474 | 0,93 | 28 | monómero | ||
ECFP | 434 | 477 | 0,15 | 3 | |||
CyPet | 435 | 477 | 0,51 | 18 | 59 | dímero débil | |
GFP (mutación Y66W) | 436 | 485 | |||||
mKeima-Red | 440 | 620 | 0,24 | 3 | monómero (MBL) | ||
TagCFP | 458 | 480 | 29 | dímero (Evrogen) | |||
AmCyan1 | 458 | 489 | 0,75 | 29 | tetrámero, (Clontech) | ||
mTFP1 | 462 | 492 | 54 | dímero | |||
GFP (S65A mutación) | 471 | 504 | |||||
Midoriishi Cyan | 472 | 495 | 0,9 | 25 | dímero (MBL) | ||
Wild Type GFP | 396,475 | 508 | 26k | 0,77 | |||
GFP (mutación S65C) | 479 | 507 | |||||
TurboGFP | 482 | 502 | 26 k | 0,53 | 37 | dímero, (Evrogen) | |
TagGFP | 482 | 505 | 34 | monómero (Evrogen) | |||
GFP (mutación S65L) | 484 | 510 | |||||
Esmeralda | 487 | 509 | 0,68 | 39 | 0,69 | dímero débil, (Invitrogen) | |
GFP (mutación S65T) | 488 | 511 | |||||
EGFP | 488 | 507 | 26k | 0,60 | 34 | 174 | dímero débil, (Clontech) |
Azami Green | 492 | 505 | 0,74 | 41 | monómero (MBL) | ||
ZsGreen1 | 493 | 505 | 105k | 0,91 | 40 | tetrámero, (Clontech) | |
TagYFP | 508 | 524 | 47 | monómero (Evrogen) | |||
EYFP | 514 | 527 | 26k | 0,61 | 51 | 60 | dímero débil, (Clontech) |
Topacio | 514 | 527 | 57 | monómero | |||
Venus | 515 | 528 | 0,57 | 53 | 15 | dímero débil | |
mCitrine | 516 | 529 | 0,76 | 59 | 49 | monómero | |
YPet | 517 | 530 | 0,77 | 80 | 49 | dímero débil | |
TurboYFP | 525 | 538 | 26 k | 0,53 | 55,7 | dímero, (Evrogen) | |
ZsYellow1 | 529 | 539 | 0,65 | 13 | tetrámero, (Clontech) | ||
Kusabira Orange | 548 | 559 | 0,60 | 31 | monómero (MBL) | ||
mOrange | 548 | 562 | 0,69 | 49 | 9 | monómero | |
Aloficocianina (APC) | 652 | 657,5 | 105 kDa | 0,68 | heterodímero, con enlaces cruzados[17] | ||
mKO | 548 | 559 | 0,60 | 31 | 122 | monómero | |
TurboRFP | 553 | 574 | 26 k | 0,67 | 62 | dímero, (Evrogen) | |
tdTomato | 554 | 581 | 0,69 | 95 | 98 | dímero en tándem | |
TagRFP | 555 | 584 | 50 | monómero (Evrogen) | |||
DsRed monómero | 556 | 586 | ~28k | 0,1 | 3,5 | 16 | monómero, (Clontech) |
DsRed2 ("RFP") | 563 | 582 | ~110k | 0,55 | 24 | (Clontech) | |
mStrawberry | 574 | 596 | 0,29 | 26 | 15 | monómero | |
TurboFP602 | 574 | 602 | 26 k | 0,35 | 26 | dímero, (Evrogen) | |
AsRed2 | 576 | 592 | ~110k | 0,21 | 13 | tetrámero, (Clontech) | |
mRFP1 | 584 | 607 | ~30k | 0,25 | monómero, (Tsien lab) | ||
J-Red | 584 | 610 | 0,20 | 8,8 | 13 | dímero | |
R-ficoeritrina (RPE) | 565 >498 | 573 | 250 kDa | 0,84 | heterotrímero[17] | ||
B-ficoeritrina (BPE) | 545 | 572 | 240 kDa | 0,98 | heterotrímero[17] | ||
mCherry | 587 | 610 | 0,22 | 16 | 96 | monómero | |
HcRed1 | 588 | 618 | ~52k | 0,03 | 0,6 | dímero, (Clontech) | |
Katusha | 588 | 635 | 23 | dímero | |||
P3 Arquivado 21 de agosto de 2024 en Wayback Machine. | 614 | 662 | ~10.000 kDa | Complexo de ficobilisoma[17] | |||
Peridinina clorofila (PerCP) | 483 | 676 | 35 kDa | trímero[17] | |||
mKate (TagFP635) | 588 | 635 | 15 | monómero (Evrogen) | |||
TurboFP635 | 588 | 635 | 26 k | 0,34 | 22 | dímero, (Evrogen) | |
mPlum | 590 | 649 | 51,4 k | 0,10 | 4,1 | 53 | |
mRaspberry | 598 | 625 | 0,15 | 13 | monómero, fotobranqueamento mais rápido que mPlum | ||
mScarlet | 569 | 594 | 0,70 | 71 | 277 | monómero[18] |
Abreviaturas: