Folland Gnat

Folland Gnat
Tipocaza e adestrador
FabricanteFolland Aircraft
Deseñado porW.E.W. Petter
Primeiro voo18 de xullo de 1955
Introducido1959
Unidades construídas449 (incluídos os HAL Ajeet)
VariantesHAL Ajeet

O Folland Gnat foi un pequeno reactor británico, con á en frecha e usado como caza de avión de adestramento desenvolvido por Folland Aircraft para a Royal Air Force, e usado extensamente pola Forza Aérea India.

O Gnat foi deseñado por W.E.W. Petter como un desenvolvemento da súa empresa privada co Folland Midge. A avión voou por vez primeira o 18 de xullo de 1955. O seu deseño permitía a súa fabricación sen ferramentas especializadas en países non moi industrializados. A pesar de que nunca foi usado como caza pola RAF, a versión de adestramento Gnat T.1 foi amplamente usada. O Gnat fíxose famoso por ser o vaión do equipo acrobático da RAF, os Red Arrows.

O avión foi exportado a Finlandia, Iugoslavia e a India. A Forza Aérea India converteuse no maior operador do Gnat e finalmente fabricou o aparello baixo licenza. Posteriormente India desenvolveu o HAL Ajeet, unha variante modificada e mellorada.