O futvólei[1] é un deporte que combina aspectos do voleibol e o fútbol[2]. Practícase entre dous equipos, cun número de xogadores variable, que intentan pasar o balón ao campo contrario sen empregar as mans nin os brazos.
Orixinouse no Brasil en 1965,[3] na praia de Copacabana de Río de Xaneiro, coma unha forma de evitar a prohibición de xogar ao fútbol na praia que existía nese momento.
Emprégase un balón de fútbol, e as regras baséanse nas do voleibol, limitando o contacto coa pelota segundo as regras do fútbol, o que impide que os xogadores poidan tocar o balón coas mans.[4]
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |