Formato de 35 mm

Rolo de película de 35 mm fabricado por Kodak.

O formato de 35 mm, ou simplemente 35 mm, é o nome común para o formatos de película ou de sensor de 24×36 mm usados na fotografía. Ten unha relación de aspecto de 3:2, e un tamaño na diagonal de aproximadamente 43 mm. Emprégase en innumerábeis aplicacións fotográficas, que inclúen cámaras telemétricas (analóxicas e dixitais), cámaras dixitais sen espello, cámaras reflex dixitais, cámaras compactas e cámaras de película desbotables.

Na fotografía dixital é máis coñecido como formato completo, full frame, FF ou FX, sendo esta última forma unha marca rexistrada de Nikon.

Foi creado por Oskar Barnack coa introdución da súa cámara Leica na década de 1920, polo que tamén é coñecido como formato Leica ou formato Barnack.[1] O nome 35 mm fai referencia ao ancho total da película no formato 135, un cartucho de película perforada, o máis usado en fotografía ata a invención das DSLR de formato completo.

Historicamente, a este formato tamén se lle coñece como formato miniatura ou formato pequeno, para diferenciarlo dos formatos medio e grande.[2]

  1. Walter, Thomas (2005). Mediafotografie: analog und digital (en inglés). Springer. 
  2. Warren, Bruce (2003). Photography: A Concise Guide. Cengage Learning. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]