Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Concello | Perth and Kinross (pt) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Forteviot (en gaélico escocés Fothair Tabhaicht) é unha vila escocesa na beira sur do río Earn, entre Dunning e Perth. Pertence á área municipal Perth e Kinross. A poboación en 1991 era de 160 persoas.
O 11 de agosto de 2009, un grupo de arqueólogos anunciou que descubriran unha tumba real da Idade de Bronce en Forteviot. Xunto cos restos dun antigo líder da época, foron atopados obxectos, como unha daga de bronce e ouro, unha cunca de madeira e unha bolsa de coiro. Expertos das universidades de Glasgow e Aberdeen continúan a investigar na tumba.[1]