Forza Aérea da República Checa

Forza Aérea da República Checa


Tipoforza aérea Editar o valor en Wikidata
Parte deExército da República Checa Editar o valor en Wikidata Exército da República Checa Editar o valor en Wikidata
Texto lemaVzduch je naše moře Editar o valor en Wikidata
Bandeira
Comandado porPetr Čepelka (en) Traducir, Petr Hromek (en) Traducir, Q129176216 Traducir e Jiří Verner (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1993 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísRepública Checa Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A Forza Aérea da República Checa (checo: Vzdušné síly) é a forza aérea do Exército da República Checa. Xunto coas Forzas de Terra, a Forza Aérea é a maior forza militar checa. Con tradición de aviación militar que se remonta a 1918, a Forza Aérea checa, xunto coa Forza Aérea de Eslovaquia, sucedeu á Forza Aérea de Checoslovaquia en 1993.[1][2] O 1 de xullo de 1997 o 3º Corpo de Aviación Táctica e o 4º Corpo de Defensa Aérea do Exército checo fusionáronse para formar un Cuartel Xeral da Forza Aérea independente.

A Forza Aérea é a responsable de asegurar a integridade do espazo aéreo checo a través do Sistema Integrado de Defensa Aérea da OTAN (NIADS), de proporcionar apoio aéreo próximo ás Forzas de Terra, e de realizar tarefas de transporte, incluídas as do goberno e voos de estado prioritarios. En tempos de paz a Forza Aérea contribúe en tarefas que se orixinan nas leis checas e en acordos interministeriais, como por exemplo servizos de ambulancia aérea ou SAR.[3]

Os cazas multirrol JAS-39C/D Gripen checos encárganse principalmente das tarefas relacionadas coa defensa aérea da República Checa e da OTAN dentro do sistema NATINAMDS. No chamado sistema de reforzo nacional os reactores subsónicos L-159 ALCA poderían ser despregados para realizar tamén estas tarefas.[4] A vixilancia por radar do espazo aéreo da República Checa é responsabilidade do Rexemento de Control e Vixilancia do 26º Mando Aéreo en Stará Boleslav. En total sete compañías radiotécnicas están repartidas por todo o país para poder cubrir de forma continua todo o seu territorio.[5]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

A separación viu unha gran redución en tipos, números e bases. En 1994 creouse o 3º Corpo de Aviación Táctica. O caza máis novo no arsenal da Forza Aérea de Checoslovaquia era o MiG-29 (Izdelie 9.12). Como só había un kit de mantemento xeral, que foi entregado a Eslovaquia, e todo o material dividiuse ao 50%, os custos de mantemento dos Fulcrum checos sería moi alto. Xunto cos elevadísimos custos, os custos especulativos das pezas de reposto importadas dende Rusia, que chegaban a través de terceiras partes, tamén eran moi grandes, e isto levou ao cambio de 10 MiG-29 con Polonia por helicópteros de rescate PZL W-3A Sokół con aviónica e apoio de terra. Así, 10 cazas de superioridade aérea cambiáronse por 11 helicópteros lixeiros e a súa adquisición converteuse nun asunto fortemente discutido a mediados dos 90.[6] Toda a carga de traballo pasou a mans dos MiG-23.

A Forza Aérea da nova época do Exército checo formouse efectivamente o 1 de xullo de 1997 cando 3º Corpo de Aviación Táctica e o 4º Corpo de Defensa Aérea uníronse. Os membros de ámbalas dúas unidades participaran en accións da OTAN dende o ingreso da República Checa na Alianza o 12 de marzo de 1999.[3] A Forza Aérea comezou a revisar e actualizar as súas doutrinas e aeronaves, e considerou mercar un caza occidental. Os MiG-23MF retiráronse en 1994, os ML en 1998 e os MiG-21 establecéronse como un modelo provisional para o que sería un período de transición antes de mercar un caza novo, que sería o avión multirrol sueco Saab JAS 39 Gripen. Debido ás devastadoras inundacións que afectaron ao país en 2002 o acordo foi adiado.[7]

Anos 2000

[editar | editar a fonte]

Unha nova licitación internacional foi publicada como unha solución provisional. O Gripen gañou novamente esta licitación, á que se presentaran seis competidores, cando a República Checa aceptou un arrendamento por 10 anos entre o goberno checo e o sueco que non implicaba a BAE Systems. As denuncias dos medios de subornos por parte de BAE Systems aos encargados de tomar a decisión durante a venda non levou a ningún lado nas investigacións xudiciais.[8]

En decembro de 2008 a Forza Aérea checa quería adestrar pilotos de helicóptero en condicións desérticas para as súas próximas misións en Afganistán. Israel foi o único país que estaba listo para axudar, e viu isto como unha oportunidade para agradecer á República Checa por adestrar pilotos israelís e apoiar a Israel cando este converteuse nun estado.[9]

A independencia da Forza Aérea checa rematou o 1 de decembro de 2003 cando a forza converteuse en parte das novas Forzas Conxuntas do Exército Checo co posto de mando situado en Olomouc. Dentro da nova estrutura o comandante en xefe da Forza Aérea foi nomeado comandante en xefe adxunto das Forzas Conxuntas.[3]

Anos 2010

[editar | editar a fonte]

A Forza Aérea operou con esta estrutura ata o 30 de xuño de 2013. No marco da reorganización do Exército, o 1 de xullo de 2013 estableceuse o independente Alto Mando da Forza Aérea da República Checa (Velitelství vzdušných sil), co cuartel xeral en Praga co novo comandante en xefe sendo o xeneral de brigada Libor Štefánik.[10] Os antigos cuarteis xerais do Mando das Forzas Conxuntas e do Mando de Forzas de Apoio disolvéronse o 30 de xuño de 2013.[11]

Co contrato do Gripen a piques de expirar en 2015, comezou a especularse sobre se este sería renovado ou se a forza aérea elixiría outro modelo de avión.[12] O goberno checo agardaba organizar unha licitación para proporcionar 18 cazas supersónicos tras 2015. O JAS-39 Gripen foi aceptado como a opción máis efectiva coa infraestutura que xa se tiña, a disposición de persoal adestrado e a boa experiencia operacional previa. Porén, os antecedentes do contrato existente, especificamente o tema amplamente discutido da suposta corrupción, impediron que os políticos se conformasen con esta rápida solución, favorecendo no seu lugar unha licitación xeral con máis ofertas que poderían ser os F-16, F/A-18, F-15SE ou F-35A.[13]

Tamén se discutiu como opción a creación dunha forza aérea non supersónica, debido aos altos custos e ao inútil que pode ser ter avións supersónicos nun país rodeado por aliados (todos son membros da Unión Europea e da OTAN, agás Austria). Neste escenario o subsónico L-159 converteríase na espiña dorsal da forza aérea. O último Libro Branco de 2011 di claramente que a frota supersónica debe continuar para a protección da República Checa e para tarefas de cooperación dentro do Sistema Integrado de Defensa Aérea da OTAN.[2] Doce avións monopraza e dous bipraza vense como suficientes para patrullar a República Checa, mentres que 18 poden apoiar co rol de vixilancianoutros países da OTAN. Unha solicitude de información preliminar pedía 18 avións.

O 16 de maio de 2014 o director xeral da axencia de defensa e exportación FXM e viceministro de defensa para adquisicións de defensa checo asinaron o "anexo da prórroga do contrato de arrendamento dos JAS-39", asegurando tamén a actualización e incremento de capacidades continua deses aparellos. O avión supersónico sueco equipará á Forza Aérea checa ata 2027 con opción a dous anos máis.[5]

O minitro de defensa checo Martin Stropnický revelou plans para substituír o equipamento militar de deseño soviético con novas armas e para mercar helicópteros e radares para a Forza Aérea, agardando lanzar as licitación no ano 2015.[6][7] En xuño de 2019 o Ministerio de Defensa presentou un contrato ao goberno para a compra de dous avións de transporte C-295 para substituír os seus Yakovlev Yak-40.[14] O 22 de agosto de 2019 o Primeiro Ministro Andrej Babiš anunciou que a Forza Aérea seleccionara unha oferta de Bell Helicopter por oito helicópteros UH-1Y Venom e catro AH-1Z Viper.[15] O contrato da súa compra asinouse o 13 de decembro de 2019.[16]

Aeronaves

[editar | editar a fonte]
JAS-39C Gripen
W-3A Sokol
Aeronave Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Combate
JAS 39 Gripen Suecia multirrol JAS 39C 12[17] alugados á Forza Aérea de Suecia[18]
Aero L-159 República Checa ataque lixeiro L-159A 16[17]
Transporte
Let L-410 República Checa utilitario L-410UVP[19] 4[17] 2 usados para vixilancia[19]
Airbus A319 Francia VIP A319CJ 2[20]
CASA C-295 España transporte C-295M 6[17]
Challenger 600 Canadá VIP CL-601[21] 1[22][23]
Helicópteros
Mil Mi-8 Unión Soviética utilitario Mi-8/17/171 19[17]
Mil Mi-24 Unión Soviética ataque Mi-24/35 15[17]
PZL W-3 Polonia utilitario W-3A 10[17]
Bell AH-1Z Estados Unidos ataque 4 pedidos[17]
Bell UH-1Y Estados Unidos utilitario 8 pedidos[17]
Adestradores
Aero L-159 República Checa adestrador a reacción L-159T1 8[17]
JAS 39 Gripen Suecia adestrador de conversión JAS 39D 2[17] alugados á Forza Aérea de Suecia
  1. "The White Paper on Defence" (PDF). Ministerio de Defensa da República Checa. Archived from the original on 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 ""NATO Defence Expenditure: 2009 - 2013" (PDF). Gov.uk. Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Čadil, Jan (7 de agosto de 2013). "The Czech Air Force". Czech Air Force Yearbook 2013: 6.
  4. "Live firing beyond the Arctic Circle". Czech Air Force Yearbook 2012: 32.
  5. 5,0 5,1 "Czech anti-aircraft defence radars". Czech Air Force Yearbook 2013: 50.
  6. 6,0 6,1 "W-3A Sokol helicopters in the Czech Air Force service". Czech Air Force Yearbook 2012: 43.
  7. 7,0 7,1 "NKÚ: Vláda nezdůvodnila potřebu pronajmout gripeny". iROZHLAS (en checo). Consultado o 2022-03-08. 
  8. "Kauza gripenů po 12 letech končí, za údajnou korupci nikdo obviněn nebude". ČT24 - Česká televize (en checo). Consultado o 2022-03-08. 
  9. "České vrtulníky nad Negevskou pouští". www.army.cz. Consultado o 2022-03-08. 
  10. Čadil, Jan (6 August 2014). "The Czech Air Force". Czech Air Force Yearbook 2014.
  11. "Professional Armed Forces". www.army.cz. Consultado o 2022-03-08. 
  12. "Czech Air Force Modernization". www.globalsecurity.org. Consultado o 2022-03-08. 
  13. "Armáda zvažuje nájem či nákup až osmnácti stíhaček". Lidovky.cz (en checo). 2011-03-24. Consultado o 2022-03-08. 
  14. "Czech Republic plans to procure C295s and upgrade T-72M tanks". Janes.com (en inglés). Consultado o 2022-03-10. 
  15. "Czech Air Force to buy 12 Bell helicopters". Janes.com (en inglés). Consultado o 2022-03-10. 
  16. "Czech Republic orders H-1 helos". Janes.com (en inglés). Consultado o 2022-03-10. 
  17. 17,00 17,01 17,02 17,03 17,04 17,05 17,06 17,07 17,08 17,09 17,10 "World Air Forces 2022". Flightglobal. 2022. Consultado o 10de marzo de 2022. 
  18. "Czech government signs Gripen lease extension". flightglobal.com. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  19. 19,0 19,1 Čadil, Jan (2014-08-06). "Vzdušné síly AČR - Ročenka 2014". Letectví a kosmonautika (en checo e inglés): 4–6. ISSN 0024-1156. 
  20. "A-319CJ AIRBUS - Transport Aircraft". Ministry of Defence & Armed Forces of the Czech Republic. Ministry of Defence. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  21. "Military Equipment Overview" (PDF). Ministry of Defence. Ministerstvo obrany. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de marzo de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  22. Soušek, Tomáš (15 de agosto de 2016). "The Czech Air Force". En Čadil, Jan. Czech Air Force Yearbook 2016 (en checo e inglés). Praga: L+K magazine and Magnet Press, Slovakia. pp. 4–8. ISBN 978-80-89169-35-1. 
  23. "Czech army to buy new transport planes to replace two Yakovlevs". Prague Daily Monitor. Czech News Agency (ČTK). 14 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2022.