Forza Aérea de Suecia

Forza Aérea de Suecia
Svenska flygvapnet
Escudo de armas da Forza Aérea de Suecia
PaísSuecia Suecia
RamaForza Aérea
Insignias
Insignia
Insignia
Aeronaves utilizadas
Guerra
electrónica
S 102B Korpen, S 100 Argus
CazasJAS 39 Gripen
HelicópterosA109, NH90, UH-60M
AdestramentoSaab 105
TransporteC-130H Hercules, Saab 340, Gulfstream IV, Gulfstream 550

A Forza Aérea de Suecia (sueco: Svenska flygvapnet), anteriormente coñecida como Real Forza Aérea de Suecia (Kungliga Svenska Flygvapnet), é a rama de aire das das Forzas Armadas de Suecia.

A Forza Aérea de Suecia creouse o 1 de xullo de 1926 cando se fusionaron as unidades de avións do Exército e da Armada. Debido a escalada de tensións internacionais durante os anos 30, a Forza Aérea reorganizouse e ampliouse de catro a sete escuadróns. Cando estoupou a segunda guerra mundial en 1939, iniciouse unha nova expansión que non remataría ata o final do conflito. Aínda que Suecia nunha entrou na guerra, considerouse necesaria unha gran forza aérea para evitar a invasión e para resistir a presión das ameazas por parte das grandes potencias. En 1945 a Forza Aérea de Suecia tiña máis de 800 avións listos para o combate, incluídas 15 divisións de cazas.

Un gran problema para a Forza Aérea de Suecia durante a segunda guerra mundial foi a escaseza de combustible. Suecia estaba rodeada por países en guerra e non podía contar con combustible importado. No seu lugar os xistos bituminosos doméstico eran quentados para producir o necesiado petróleo.[1]

Expansión durante a guerra fría

[editar | editar a fonte]

A Forza Aérea de Suecia pasou por unha rápida modernización a partir de 1945. Xa non era politicamente aceptable equipala con equipos de segunda categoría. No seu lugar, o Mando Aéreo mercou o mellor que puido atopar no estranxeiro, como por exemplo os P-51D Mustang, de Havilland Mosquito NF.19 e de Havilland Vampire, e apoiou o desenvolvemento de modelos domésticos de alto rendemento. Cando o caza Saab 29 Tunnan foi introducido ao redor de 1950, Suecia pasou a ter de súpeto aparellos que eran iguais aos mellores da Royal Air Force, the Soviet Union's VVS, e a USAF.

A finais dos 50 a Forza Aérea introduciu o sistema de bases Bas 60, que xiraba en tordo á dispersión das forzas en múltiples bases no caso de guerra para facer máis difícil a un opoñente destruír os seus efectivos no chan. Tamén se introduciron pistas de aterraxe en estradas. O Bas 60 foi desenvolvido máis adiante no Bas 90 durante as décadas dos 70 e 80.[2][3][4][5]

Durante a guerra fría gastouse unha gran cantidade de cartos (incluídos todos os reservados para armas nucleares suecas) na Forza Aérea e na produción de aeronaves domésticas. En 1957 Suecia tiña a cuarta forza aérea máis poderosa do mundo, cuns 1 000 avións modernos en servizo de primeira liña.[6] Durante os 50 introduciu cazas como o Saab J 29 Tunnan, o Saab A 32 Lansen e o Saab J 35 Draken.

En xuño de 1952 a Forza Aérea de Suecia perdeu dous avións en operacións da guerra fría, no que foi coñecido como o Incidente Catalina. Un Douglas DC-3 de intelixencia de sinais foi interceptado por MiG-15 soviéticos sobre o mar Báltico e foi derrubado morrendo os seus tres tripulantes e cinco técnicos civís. Un hidroavión PBY Catalina de rescate tamén foi derrubado, sendo rescatados os seus cinco tripulantes por un cargueiro no mar.

Reestruturación

[editar | editar a fonte]

Co final da guerra fría as Forzas Armadas de Suecia pasaron por un gran proceso de reestruturación. Durante ese tempo varias bases aéreas foron consideradas innecesarias e pecharon. Os cazas Saab 37 Viggen foron retirados prematuramente. No ano 1994 as Forza Aérea tiña máis de 400 cazas e en 2005 o seu número reducírase a menos de 150.

Servizo de guerra

[editar | editar a fonte]

A Forza Aérea de Suecia participou nalgún nivel en tres guerras, a Guerra de Inverno fino-soviética en 1939-1940, a Crise do Congo entre 1961 e 1964, e a guerra civil libia de 2011.

Finlandia 1940

[editar | editar a fonte]

Cando a Unión Soviética atacou Finlandia en novembro de 1939 Suecia acudiu en axuda dos seus veciños de varias formas, pero sen chegar a unirse á guerra. Unha brigada de infantaría e un escuadrón do aire suecos, ámbolos dous formados por voluntarios, loitaron no norte de Finlandia dende xaneiro ata marzo de 1940. O escuadrón foi designado F 19 e estaba formado por 12 cazas Gloster Gladiator e 4 bombardeiros en picado Hawker Hart.

Congo 1961-1964

[editar | editar a fonte]

A Forza Aérea de Suecia combateu como parte da misión de pacificación das Nacións Unidas ONUC durante a Crise do Congo de 1961 a 1964. Estableceu unha á aérea separada, a F 22, equipada cunha ducia de semi-obsoletos Saab 29 Tunnan, que funcionaron ben baixo as duras condicións do centro de África. Os adversarios secesionistas só tiñan un pequeno número de avións con pobres capacidades de combate, como os adestradores Fouga Magister.

Libia 2011

[editar | editar a fonte]

O 29 de marzo de 2011 o primeiro ministro sueco anunciou que oito Saab JAS 39 Gripen apoiarían a zona de exclusión aérea ordenada pola ONU sobre Libia. O anuncio respondeu a unha petición de axuda da OTAN. Os cazas suecos limitáronse a apoiar a zona de exclusión e non estaban autorizados a realizar ataques. O despregue foi aprobado polo Riksdag o 1 de abril e os primeiros cazas partiron cara Libia no día seguinte. Un C-130 Hercules acompañóu aos Gripen para tarefas de reabastecemento en voo.[7]

Inventario

[editar | editar a fonte]
Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Avións de combate
JAS 39 Gripen Suecia Multirol JAS 39C 72 60 aparellos da variante E pedidos[8]
AWACS
Saab 340 Suecia AEW&C 2[8] Equipados co radar Erieye
Recoñecemento
Gulfstream IV Estados Unidos SIGINT 2[8]
Reabastecemento aéreo
KC-130 Hercules Estados Unidos Reabastecemento aéreo/transporte KC-130H 1[8]
Transporte
Saab 340 Suecia Transporte utilitario 1[8]
C-130 Hercules Estados Unidos Transporte C-130H 6[8] Un para tarefas de reabastecemento aéreo
Unidade de helicópteros de defensa
Sikorsky UH-60 Estados Unidos Utilitario UH-60M 15[8]
NHIndustries NH90 Unión Europea Utilitario/transporte TTH 17 1 pedido[8]
AgustaWestland AW109 Italia Adestrador/utilitario lixeiro 20[8] 8 designados para operacións no mar[9]
Adestrador
Saab 105 Suecia Adestrador 48[8]
JAS 39 Gripen Suecia Adestrador de conversión JAS 39D 23[8]
UAV
Elbit Skylark Israel Vixilancia [10]
AAI RQ-7 Shadow Estados Unidos Vixilancia [11]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Elsevier Science Ltd, ed. (1976). Oil Shale (Developments in Petroleum Science, 5). Ámsterdam. pp. 236. ISBN 0444414088. 
  2. Försvarets Historiska Telesamlingar (ed.). "Flygbassystem 60" (PDF). Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  3. Försvarets Historiska Telesamlingar (ed.). "Flygbassystem 90" (PDF). Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  4. Forsvarsmakten (ed.). "Svenska militära flygbaser" (PDF). Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  5. Forsvarsmakten (ed.). "Svenska reservvägbaser" (PDF). Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  6. Flygvapenmuseum (ed.). "Flygvapnet 80 år". Archived from the original on 18 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  7. The Local (ed.). "Swedish Gripen planes headed to Libya". Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 Flight Global (ed.). "World Air Forces maintaining strength". Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  9. Försvarsmakten (ed.). "Helikopter 15". Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  10. Försvarsmakten (ed.). "SUAV-systemet Falken". Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  11. Försvarsmakten (ed.). "TUAV-System Örnen". Consultado o 8 de xullo de 2018.