Fosfatase ácida | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 3.1.3.2 | ||||||||
Número CAS | 9001-77-8 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
|
A fosfatase ácida (EC 3.1.3.2, denominadas cos nomes fosfomonoesterase ácida, fosfomonoesterase, glicerofosfatase, monofosfatase ácida, fosfohidrolase ácida, fosfomonoéster hidrolase ácida, uteroferrina, nucleósido difosfato fosfatase ácida, monoéster ortofosfórico fosfohidrolase (óptimo ácido)) é un encima do tipo das fosfatases, utilizado para quitar grupos fosforilo unidos a outras moléculas durante a dixestión intracelular. Pode ser clasificada como unha fosfomonoesterase. A fosfatase ácida almacénase nos lisosomas e funciona cando estes se fusionan con endosomas, os cales durante o seu funcionamento están acidificados; polo que o encima ten un pH óptimo ácido.[1] Este encima está presente en moitas especies de animais, plantas e microorganismos.[2]
Atópanse diferentes formas de fosfatase ácida en distintos órganos, e os seus niveis no plasma utilízanse para avaliar o éxito do tratamento cirúrxico do candro de próstata e no pasado para o seu diagnóstico.[1]
A fosfatase ácida cataliza as seguintes reaccións a un pH óptimo ácido (inferior a 7):
Os encimas fosfatases on tamén utilizados polos microorganismos que viven no solo para acceder os nutrientes que teñen fosfatos unidos a compostos orgánicos. Pode utilizarse unha proba para medir as taxas de actividade destes encimas para estimar a demanda biolóxica de fosfatos no solo.
Certas bacterias como Nocardia asteroides, poden degradar este encima cando están no interior de macrófagos murinos e utilizalo como fonte de carbono, o que potencia o seu crecemento.[3]
A fosfatase ácida resistente ao tartarato pode utilizarse como marcador biolóxico da función dos osteoclastos durante o proceso de resorción ósea.[4]
Os seguintes xenes codifican os compoñentes polipeptídicos para varios isoencimas de fosfatase ácida.