(2008) | |
Nome orixinal | (es) Francisco Alberto Caamaño |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de xuño de 1932 San Juan de la Maguana, República Dominicana (pt) |
Morte | 16 de febreiro de 1973 (40 anos) Cordilheira Central (pt) |
Presidente da República Dominicana | |
Actividade | |
Ocupación | político, oficial |
Período de actividade | 1950 - |
Participou en | |
3 de setembro de 1965 | Guerra Civil na República Dominicana de 1965 (pt) |
Desembarque em Playa Caracoles (pt) | |
Familia | |
Parentes | Claudio Caamaño Grullón, sobriño segundo Luis Abinader Corona, curmán segundo Lucía Medina, curmán segundo |
Francisco Alberto Caamaño Deñó, nado en Santo Domingo o 11 de xuño de 1932 e finado na Cordilleira Central o 16 de febreiro de 1973, foi un militar e heroe dominicano que ocupou a presidencia constitucional da República Dominicana durante a guerra de abril de 1965.
Foi un dos líderes do movemento para restaurar o presidente democraticamente electo, Juan Bosch, que fora derrocado por un golpe militar patrocinado pola CIA en setembro de 1963. Esta facción de adeptos pasou a ser conñecida como Constitucionalistas, polo seu desexo de retornar a unha forma lexítima e constitucional de goberno, en oposición á xunta militar que estaba no poder.[1]
Como os Constitucionalistas tomaron con éxito Santo Domingo de Guzmán ó longo dos primeiros días do levantamento, o presidente estadounidense Lyndon Johnson ordenou a invasión polo Exército dos Estados Unidos, apelidada como Operación Power Pack, co pretexto de que a vida dos cidadáns estadounidenses precisaba ser protexida. Un factor, que estaba sen dúbida máis envolto na decisión, foi o temor de que os Constitucionalistas conducirían a un réxime comunista no país, e ese risco de "outra Cuba" era algo que non sería permitido.[1]
Durante este período, Caamaño foi de facto e de jure, o presidente da República Dominicana. Despois dalgúns meses de combates dos Constucionalistas, que estaban en menor número e desarmados polas forxas estranxeiras, Caamaño e os seus homes consentiron un acordo de reconciliación e así rematou o goberno Consitucionalista.
Enfrontando ameazas e ataques continuos durante os meses seguintes, Camaaño aceptou un acordo imposto polo goberno dos Estados Unidos. O presidente provisional dominicano, Héctor García Godoy, enviou o coronel Caamaño como adido militar da embaixada dominicana para o Reino Unido. Mentres estivo aló, foi contactado polas autoridades cubanas e fuxiu para Cuba para iniciar un grupo guerrilleiro.[2]
Durante o inverno de 1973, após varios anos permanecendo low-profile, Caamaño conduciu o desembarque dun pequeno grupo de rebeldes en Playa Caracoles, próximo de Azua e despois para as montañas da Cordilleira Central, co obxectivo de iniciar unha revolución campesiña para derrubar o presidente dominicano Joaquín Balaguer. O goberno de Balaguer era represivo e altamente centralizador nese período, lembrando moito o réxime de Rafael Trujillo no cal Balaguer fora un dos presidentes fantoches do ditador e asesores achegados.[3] Despois dalgunhas semanas de guerra de guerrilla contra o exército regular de Balaguer e após non ter recibido o apoio campesiño, Caamaño foi ferido e capturado polas forzas do goberno dominicano, e despois sumariamente executado.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Caamaño Deñó |