Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1891 Pontevedra, España |
Morte | 27 de novembro de 1971 (80 anos) Lourizán, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Catedrático | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor, profesor universitario, historiador da arte |
Empregador | Universidade Central Universidade de Granada Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | Real Academia Galega (membro de honra) (1949–1971) Academia Nacional de Belas Artes da Arxentina Asociación española para el progreso de las ciencias Real Academia Española Real Academia de la Historia Real Academia de Belas Artes de San Fernando Koninklijke Vlaamse Academie van België voor Wetenschappen en Kunsten (en) |
Familia | |
Pai | Javier Sánchez Cervela |
Irmáns | Luis Sánchez Cantón |
Premios | |
Francisco Javier Sánchez Cantón, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1891 e finado en Ponte Muíños (Lourizán) o 27 de novembro de 1971, foi un historiador galego.
Fillo de Javier Sánchez Cervela. Doutorouse en filosofía e letras, e ocupou unha cátedra na Universidade de Granada. Despois deu clases de Historia Xeral da Arte na Universidade Central, da que foi vicerreitor desde 1958.
A participación de Sánchez Cantón foi fundamental para a creación do Museo de Pontevedra. E xa é no ano 1927 un dos patróns fundadores deste museo, xunto con Casto Sampedro Folgar, Castelao, Daniel de la Sota, Antón Losada Diéguez, José Millán, López de la Ballina, Xosé Filgueira Valverde e Raimundo Riestra Calderón. con algúns deles tamén formaba o Club Karepas.
Foi nomeado subdirector (en 1922) e director (en 1960) do Museo do Prado, onde realizou un importante labor de reorganización de salas. Foi membro das academias Española (en 1949), Belas Artes e director da de Historia (en 1956). Presidiu a Xunta Iconografía Nacional e foi nomeado protector da Fundación Lázaro Galdiano, vicedirector do Instituto Diego Velázquez de Historia da Arte e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Na súa bibliografía, de sentido crítico e coñecemento do tema, destacan Los Pintores de Cámara de Los Reyes Católicos (1916), Los Retratos del Museo del Prado (1919), Los Tapices de la Casa del Rey (1919), en colaboración con Tormo, Fuentes literarias para la Historia del Arte Español (5 volumes, 1923-1943), Dibujos de antiguos maestros españoles (1933), Los dibujos de Goya (2 volumes, 1952) e o libro póstumo Pontevedra y los Pontevedreses (Museo de Pontevedra, 1973). Leva o seu nome un instituto na súa cidade natal.[1]