Francisco Silvela y de Le Villeuze, nado en Madrid o 15 de decembro de 1843 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 1905 foi un historiador, avogado e políticoespañol. Entre 1899 e 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros. Silvela tamén foi un destacado ensaísta e escritor que editou obras históricas, xurídicas, ensaios e colaborou en publicacións como La Época, La Revista de España, El Imparcial e El Tiempo. Pertenceu as Reais Academias Española, de Ciencias Morais e Políticas e de Xurisprudencia e Lexislación.
Coa Restauración borbónica en España foi nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Martínez Campos en 1879, logo de se ter ocupado da Subsecretaría dese Ministerio desde 1875. Introduciu reformas no sistema de beneficencia que suscitarían a oposición de Romero Robledo. Destacou polas súas disidencias no seo do conservadorismo da Restauración, movemento desde o cal defendía un réxime político parlamentario constitucional. Discrepou con Cánovas ao rexeitar o sistema de quenda política, baseado no caciquismo e na fraude electoral, e rexeitou o sistema político canovista como decadente e carente de moralidade. Cando se produciu a ruptura entre Robledo e Cánovas, a raíz do asinamento do Pacto do Pardo (1895), co establecemento da
quenda política co líder liberal Sagasta en 1881, Silvela converteuse no lugartenente do líder conservador.
No goberno de Cánovas de 1890, ocuparía o posto de Ministro de Gobernación, pero ante a reconciliación entre Robledo e o líder conservador preferiu dimitir, formando un novo grupo disidente: os silvelistas; cun programa no que unha parte importante era a reforma total do goberno municipal, como base para crear unha moralidade política que impedise o funcionamento do caciquismo e o uso da política local para fins electoralistas. Pretendeu realizar un proxecto rexeneracionista desde arriba, que despois sería continuado por Antonio Maura.
Despois da morte de Cánovas en 1897, Silvela foi nomeado xefe indiscutido do Partido Conservador.
Entre 1899 e 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros, incorporando no seu gabinete figuras da categoría de Villaverde, Polavieja, Maura o Dato. No seu primeiro goberno acumulou tamén a carteira de Estado e no segundo a de Mariña.
No 1903 retirouse definitivamente da vida política, non sen antes designar a Antonio Maura como o seu sucesor.