Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1747 Neuburg, Alemaña (pt) |
Morte | 22 de decembro de 1835 (88 anos) Múnic, Alemaña |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, escritor, físico, briólogo, entomólogo, pteridólogo, micólogo |
Empregador | Universidade de Múnic Universidade de Ingolstadt (pt) |
Membro de | |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Schrank |
Abreviatura do autor en zooloxía | Schrank |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Franz von Paula Schrank, nado o 21 de agosto de 1747 en Neuburg am Inn e finado o 22 de decembro de 1835 en Múnic, foi un xesuíta, botánico e naturalista alemán.
Comezou a frecuentar o Colexio Xesuíta de Passau con nove anos, entrando aos quince ma Compañía de Xesús. Pasou o primeiro aoo do seu noviciado en Viena e o segundo en Ödenburg (hoxe Sopron en Hungría), onde seguiu os cursos dun misioneiro vindo do Brasil, o que lle fai interesarse na historia natural. Estudou logo en Raab, Tyrnau (hoxe Trnava, Hungría) e en Viena.
Ensinou no Colexio de Linz a partir de 1769. Ao suprimirse a súa orde trasladouse a Passau, onde foi ordenado sacerdote en decembro de 1774, obtendo o seu doutoramento en teoloxía en 1776, en Viena.
Nese ano de 1776 prepara Beiträge zur Naturgeschichte e foi nomeado profesor de matemáticas e física no Liceo de Amberg, e logo profesor de retórica en Burghausen.
En 1784 era profesor de elocuencia, e ensinaría botánica económica e economía rural na Universidade de Ingolstadt, para máis tarde ser conselleiro eclesiástico en Landshut.
En 1809 a Academia de Ciencias de Múnic elíxeo como membro coa condición que tome ao seu cargo op xardín botánico que se creara na cidade, cargo que ocupará até a súa morte.
Estudou igualmente os insectos (incluíndo os arácnidos, daquela considerdos como insectos) fisioloxía vexetal e micoloxía, así como o movemento dos infusorios.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Franz von Paula Schrank |