Biografía | |
---|---|
Nacemento | xullo de 1647 París, Francia |
Morte | 4 de maio de 1723 (75 anos) Xenebra (Republic of Geneva) |
Relixión | Catolicismo e protestantismo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, filósofo, sacerdote |
Influencias | |
François Poullain de La Barre, nado en París en xullo de 1647 e finado en Xenebra o 4 de maio de 1723, foi un escritor, sacerdote, precursor do feminismo, e filósofo cartesiano francés.
Pertencía a unha familia burguesa e, seu pai, introduciuno a partir dos nove anos na carreira eclesiástica. Aos 16 obtivo o mestrado e, con 19 o Bacharelato en Teoloxía na Sorbona.[1] Alí continuou para facerse Doutor mais non rematou os estudos pois, decontado, adoptou a filosofía de Descartes. Fíxose sacerdote en Picardía antes de se converter ao protestantismo e despois exiliarse en Xenebra. Alí ensinou, e foi recibido como residente en 1688, e logo burgués en 1716 da República de Xenebra.[2]
Na Xenealoxía do feminismo que sitúa na Ilustración a origen teórico do Feminismo, se considera que a Primeira onda do feminismo comeza coa obra de Poullain de la Barre De l’Égalité des deux sexes, discours physique et moral où l’on voit l’importance de se défaire des préjugez (en galego, Da igualdade dos dous sexos, un discurso físico e moral onde vemos a importancia de desfacérmonos dos prexuízos). Neste libro, a muller pasa a ser un suxeito epistemolóxico. Este filósofo foi a senda perdida entre Descartes e Rousseau.[3]
O seu discurso non é un recordo de queixas, nin é un discurso de excelencia. É un tipo de reivindicación que se dá desde o momento no que as ideas do Barroco e as da filosofía cartesiana fundaron un válido concepto de igualdade fronte ao Antigo Réxime e aos privilexios de sangue que, porén, excluían ás mulleres. Mentres non se predicou esta idea de igualdade para os homes, non se podía reivindicar para as mulleres.[4]
aplica os criterios de racionalidade ás relacións entre os sexos e estende o bons sens cartesiano ás mulleres. Anticipándose ás ideas principais da Ilustración, critica especialmente o arraigamento dos prexuízos e propugna o acceso ao saber ás mulleres como remedio á desigualdade e como parte do camiño cara ao progreso e que responde os intereses da verdade.
Poullain viviu ao mesmo tempo e formouse nas mesmas correntes filosóficas que as que, fronte á hermenéutica feminista, aseguran que “as súas opinións sobre as mulleres estaban condicionadas pola súa situación no seu tempo, e era imposible que percibisen”. Fan as cousas doutro xeito". Non obstante, François Poullain de la Barre tiña outra perspectiva:[5]
Para Poullain, pois, o feminismo -avant a lettre- era un verdadeiro test de filosofía, de honestidade epistemolóxica e de autoexixencia ética e cultural. (Celia Amorós)