Fred Bassetti, nado o 31 de xaneiro de 1917 e finado o 5 de decembro de 2013[1][2] foi un arquitecto estadounidense.
Bassetti foi arquitecto, profesor e un dos principais contribuíntes ao enfoque rexional da arquitectura moderna durante as décadas de 1940 até 1990.[3]
O seu legado arquitectónico inclúe algúns dos edificios e espazos máis recoñecibles da zona de Seattle, no Estado de Washington.[4][5] O Instituto Americano de Arquitectos (AIA) describiu o seu papel como arquitecto e activista rexional como unha contribución significativa á "forma de Seattle e ao noroeste e á profesión da arquitectura".[3]
Antes de se retirar, Bassetti e o seu estudo recibiron cerca de 100 premios, incluíndo AIA Fellowship (1968); AIA Seattle Medallist (1988); Academician of the National Academy of Design; "Best Local Architect" (Mellor Arquitecto Local, polos lectores do Seattle Weekly (1988)); foi nomeado ao Premio Pritzker en 1989; Inductee, University of Washington, College of Architecture and Urban Planning, Roll of Honor, (2007), e 27 premios de Merit ou Honor Awards da AIA Seattle.[6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fred Bassetti |