Freezer | |
---|---|
![]() | |
Tipo | extraterrestre humanoide ficticio, personaxe de manga, personaxe de anime e personaxe animado ![]() |
Papel | antagonista ![]() |
Tipo personaxe | Vilán ![]() |
Obra | |
Universo ficticio | universo de Dragon Ball ![]() |
Franquía | Dragon Ball ![]() |
Creador/a | Akira Toriyama ![]() |
Actor/a de dobraxe | Ryūsei Nakao, Christopher Ayres, Linda Young, Pauline Newstone, Derek Stephen Prince e Joxe Felipe Auzmendi ![]() |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Superpoder | Onda Vital ![]() |
Actividade | |
Inimigo/a | Son Goku, Vexeta e Dende ![]() |
Ocupación | tirano ficticio ![]() |
Membro de
| |
Familia | |
Pai | Rei Cold ![]() |
Irmá/n | Cooler ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Freezer (フリーザ Furīza?) é un personaxe do universo de Dragon Ball creado por Akira Toriyama, que aparece primeiro no manga e despois na súa adaptación ó anime en Dragon Ball Z. Freezer tamén aparece no especial de televisión O pai de Goku, en dous filmes de Dragon Ball Z, en The Plan to Eradicate the Saiyans e en Dragon Ball GT.
Freezer é membro dunha raza descoñecida que se pode transformar en formas con menor poder (que son as que empregan acotío para manter o seu poder oculto e controlar a súa forza). Outra das súas características é que pode vivir flotando no espazo exterior, sen necesidade de respirar. O seu nome provén dunha deformación do inglés freezer (フリーザー furiizaa, conxelador), que tería relación co nome do seu pai, do seu irmán e o do seu fillo.
Curiosamente, mentres que os seus homes viaxan voando, el prefire facelo nunha máquina, aínda que tamén ten a habilidade de facelo. Freezer é un guerreiro que conxuntamente con seu pai e irmán, quere conquistar todo o universo. Por este motivo, coa súa impresionante forza e poder, reuniu un devastador exército para conquistalo. Non lle importa matar e torturar á xente de todo o universo para poder conseguir os seus malvados desexos de conquista. É considerado como o primeiro grande inimigo de Son Goku, seguido de Célula e o Majin Boo.