Fresh Cream | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Cream | ||||
Publicado | 9 de decembro de 1966 | |||
Gravación | xullo - outubro de 1966 | |||
Estudio(s) | Rayrik Studios e Ryemuse Studios en Londres | |||
Duración | 40:52 | |||
Xénero(s) | blues-rock, rock psicodélico, hard rock | |||
Selo(s) | Reaction | |||
Produtor | Robert Stigwood | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Fresh Cream é o álbum de estrea do supergrupo británico Cream, editado o 9 de decembro de 1966 no Reino Unido. Foi o primeiro disco lanzado polo novo selo do produtor Robert Stigwood, Reaction Records. Un mes despois, en xaneiro de 1967 editouse nos Estados Unidos a través de Atco Records.
No ano 2003 o álbum quedou no número 101 da lista da revista Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos[1].