Fronte Obreira de Cataluña

Fronte Obreira de Cataluña
(en catalán, Front Obrer de Catalunya)
Historia
Fundación1961
Disolución1971
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo
Federalismo
Outros datos
SedeBarcelona
PublicaciónRevolució (1961-62)
Presencia Obrera (1964-5)
Poder Obrero (1969)

A Fronte Obreira de Cataluña (en catalán, Front Obrer de Catalunya), foi un movemento socialista da época franquista que formou parte da resistencia á ditadura franquista en Cataluña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Foi fundada en 1961, como un grupo escindido da Asociación Popular Democrática de Catalunya (ADPC),[1] que era a póla catalá do FLP,[2] daqueles militantes que pretendían converterse en partido.[3] Estaba diferenciado do comunismo catalán, o PSUC, como da organización que representaba, nese momento, o socialismo democrático, o Movemento Socialista de Cataluña polo que pretendía ser "a terceira forza" que respondese ás novas propostas que axitaban á esquerda europea xurdidas tanto dos procesos internos de reflexión sobre o socialismo (representado por exemplo por André Gorz ou Lelio Basso) como do impacto das revolucións que foron os seus referentes políticos: a revolución cubana de 1959, e a resistencia alxeriana de Ahmed Ben Bella.[4]

Militancia

[editar | editar a fonte]

Aínda que os seus membros eran de orixes diferentes, dende socialistas até católicos progresistas e comunistas disidentes da liña oficial,[5] adoptou un socialismo de esquerdas antiimperialista. Definíronse como socialistas, populistas e federalistas. A militancia era moi nova e tendía a romper os patróns existentes. Non tiñan estatutos formais e, polo tanto, nunca se conformaron como partido. Entre os seus dirixentes figuraban Isidre Molas i Batllori, José Ignacio Urenda i Bariego, Pasqual Maragall i Mira, Alfons Carles Comín, Daniel Cando Cando, Josep Antoni González i Casanova, Josep Maria Vegara i Carrió e Miquel Roca i Junyent, entre outros.[5]

Disolveuse en 1970 e os seus militantes estendéronse ás distintas organizacións de esquerdas da clandestinidade antifranquista (PSUC, COC, Movemento Comunista de Cataluña e Liga Comunista Revolucionaria), aínda que moitos acabaron participando na fundación de Convergència Socialista de Catalunya e, logo, do PSC.[6]

Órganos de difusión

[editar | editar a fonte]

Os seus órganos de expresión foron, sucesivamente, Revolució (1961-62), Presencia Obrera (1964-5) e Poder Obrero (1969).[5]

Relacións con outros partidos

[editar | editar a fonte]

Mantivo vínculos federais co Frente de Liberación Popular (FLP) e coa Euskadi Sozialisten Batasuna (ESB). Competiu co PSUC polo control do nacente movemento de Comisións Obreiras e o movemento universitario,[4] e logrou dominar a súa coordinación local ata 1968 os comités de empresa de La Maquinista Terrestre e Marítima, AEG, Harry Walker e outras empresas do sector metalúrxico de Barcelona.

  1. "Front Obrer de Catalunya (FOC)". marxists.org (en catalán). Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  2. Fuster Sobrepere (2017)
  3. Balcells (1991), p. 152
  4. 4,0 4,1 Martín Ramos (1994), p. 11
  5. 5,0 5,1 5,2 "Front Obrer de Catalunya". Gran enciclopèdia catalana (en catalán). 1 de setembro de 1987. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  6. Martín Ramos (1994), p. 12

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Balcells, Albert (1991). El nacionalismo catalán. Colección: Biblioteca Historia 16 (en castelán). Madrid: Historia 16. ISBN 9788476791967. 
  • Martín Ramos, José Luis (1994). "Introdución". En Fundació Rafael Campalans. El Front Obrer de Catalunya (PDF) (en catalán). Barcelona: Fundació Rafael Campalans. ISBN 84-7809-752-X. 
  • Fuster-Sobrepere, Joan (2017). "La política es la gente". En VV.AA. Pasqual Maragall. Pensamiento y acción (ebook) (en castelán). Barcelona: RBA Libros. ISBN 9788490568866.