Furtivos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Furtivos |
Director | José Luis Borau |
Produtor | José Luis Borau |
Guión | Manuel Gutiérrez Aragón José Luis Borau |
Intérpretes | Lola Gaos Ovidi Montllor Alicia Sánchez José Luis Borau |
Música | Vainica Doble |
Fotografía | Luis Cuadrado |
Montaxe | Ana Romero Marchent |
Estudio | Imán Films |
Estrea | 8 de setembro de 1975 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Furtivos é un filme español de 1975 dirixido por José Luis Borau. Está protagonizado por Lola Gaos, Ovidi Montllor e Alicia Sánchez. O guión foi escrito por Manuel Gutiérrez Aragón e José Luis Borau. Un éxito comercial e da crítica, gañou o Cuncha de Ouro ó mellor filme no Festival Internacional de Cinema de Donostia en 1975. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 48ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Ángel é un cazador furtivo que vive nun bosque coa súa nai Martina, unha muller de carácter tiránico e violento. Nunha das súas escasas viaxes á cidade coñece a Milagros, moza fuxida dun reformatorio e amante dun coñecido delincuente. Ángel protéxea e lévaa á súa casa. A aversión da nai cara a Milagros e a atracción que Ángel sente cara a ela, unido ao aspecto claustrofóbico das relacións entre as personaxes, desembocan nun drama.
O guión foi escrito polos directores e guionistas Manuel Gutiérrez Aragón e José Luis Borau.[2] A idea tralo filme naceu a partir da personaxe de Ángel, que estaba baseada nunha persoa real que vivía e cazaba ilegalmente en Cabuérniga (Cantabria).[2] A personaxe da nai, Martina, orixinouse coa actriz que foi contratada para o papel, Lola Gaos. Borau ficou impresionado tras ver a Gaos no papel de Saturnina, unha criada cínica, no filme Luis Buñuel Tristana (1970).[3] Borau mesturou as referencias desta personaxe coa pintura de Goya Saturno devorando o seu fillo.[4]
Borau ademais de director, guionista, produtor e actor.[5] As escenas en que interpreta a Santiago, gobernador local, dirixiunas o coguionista Manuel Gutiérrez Aragón.[6] O póster foi realizado por Ivan Zulueta.[7] Mostra a Martina como un gran monstro o seu fillo coas súas enormes garras.[7]