Fusagasugá

Modelo:Xeografía políticaFusagasugá
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°20′14″N 74°21′52″O / 4.3372, -74.3644
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
ProvinciaProvincia do Sumapaz Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación170.241 (2023) Editar o valor en Wikidata (712,31 hab./km²)
Xeografía
Superficie239 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.765 m Editar o valor en Wikidata
Creación5 de febreiro de 1592 Editar o valor en Wikidata

Sitio webalcaldiafusagasuga.gov.co Editar o valor en Wikidata

Fusagasugá é un concello colombiano, capital da Provincia do Sumapaz, situado no departamento de Cundinamarca. É o terceiro concello máis poboado do departamento despois de Bogotá e Soacha e o cuadraxésimo quinto do país.[1] É coñecida como a "Cidade Xardín de Colombia". Foi fundado o 5 de febreiro de 1592. Está situada a 59 quilómetros ó suroeste de Bogotá, nunha meseta delimitada polo río Cuja e o Chocho, o cerro de Fusacatán e o Quininí que conforman o val dos Sutagaos e a altiplanicie de Chinauta.[2][3]

Época precolombiana

[editar | editar a fonte]
Estatua do cacique Fusagasugá, na entrada do concello.

Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Fusagasugá estivo habitado polos indíxenas sutagaos, chamados tamén fusagasugaes, que pertencían á familia lingüística chibcha e habitaban sobre a fronteira dos territorios da Confederación muisca. Os sutagaos servían como vínculo comercial e político entre os muiscas e outros grupos indíxenas como os panches e os pijaos.

Entre 1470 e 1490, o Zipa de Bacatá, Saguamanchica, emprendeu unha campaña para a dominación do territorio controlado polos sutagaos, debido a que poderían crear fisuras da orde territorial estabelecida polos muiscas; esta campaña tivo como resultado a Batalla de Pasca, na que o territorio sutagao foi sometido polos muiscas e integrado ó Zipazgo.

Fusagasugá foi inicialmente un cruzamento de camiños que se converteu nun lugar de paso obrigado, debido a que o seu territorio forma un val que puña en contacto ó territorio muisca co territorio panche. Alí tivo asento un dos primeiros mercados das comunidades indíxenas que habitaron o centro do país, debido á confluencia de muiscas, panches e pijaos. A cultura dos sutagaos era unha amálgama doutras culturas indíxenas, debido a que se lles recoñeceron polos cronistas españois prácticas catalogadas na familia chibcha; porén, tamén son, ás veces, confundidos cos caribes. Seguramente, o situarse como un tipo de cuña no medio de tan variado panorama étnico ofreceulles características que dificilmente puideron ser homoxeneizadas.

As condicións en que se desenvolveron os sutagaos favoreceron que o seu principal sustento estivese no comercio, mentres que a agricultura se limitaba a un segundo plano. Por iso, como sinala Carl Langebaek, dende a zona de Fusagasugá abastecíase ós muiscas de ouro proveniente das terras dos panches e en troques estes últimos recibían sal e mantas. De igual maneira, sucedeu cos coiros obtidos, principalmente, polos pijaos e que terminaban, por redes comerciais, nos dominios de Bogotá e Tunja, onde as mans dos sutagaos, ó parecer, foron de crucial importancia durante o proceso de intercambio. No referente ós produtos extraídos na rexión, é preciso facer mención do mel, a coca e os coiros animais.

Conquista e Colonia española

[editar | editar a fonte]

A chegada dos españois á rexión fíxose dentro dun proceso de poboamento iniciado dende Santa Marta por Pedro Fernández de Lugo. Dende Santa Marta partiu Gonzalo Jiménez de Quesada en 1537 coa misión de informar a Fernández de Lugo sobre terra firme, e logo de varios meses de penurias estabeleceuse no Altiplano Cundiboyacense. Meses despois chegaron Nicolás Federmann e Sebastián de Belalcázar, e o 27 de abril de 1539 fundouse definitivamente Santafé de Bogotá.

  1. "DANE:Proyecciones de Población departamentales y municipales por área 2005 - 2020". Departamento Administrativo Nacional de Estadística -DANE. Consultado o 24 de xuño de 2018. 
  2. Cámara de Comercio de Bogotá (16 de xuño de 2009). "Descripción de los municipios de Sumapaz". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 15 de xuño de 2015. 
  3. "Investigación histórica y geográfica de la región del Sumapaz" (PDF). 2002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]