Na mitoloxía nórdica, Fólkvangr ("campo da xente"[1] ou "campo do exército"[2]) era o lugar de residencia da deusa Freia en Asgard, o mundo dos Æsir. Freia recibía en Fólkvangr a metade dos caídos en combate, pertencendo a outra metade ó deus Odín. Fólkvangr é mencionado na Edda poética, compilado no século XIII das primeiras fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrito no mesmo século por Snorri Sturluson. De acordo coa Edda prosaica, dentro de Fólkvangr atopábase un salón chamado Sessrúmnir.
↑Tradución libre de: Sturluson, Snorri. "Gylfaginning, capítulo 24". Edda prosaica. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. Arquivado dende o orixinal o 19/12/2007. Consultado o 22/03/2008.
↑Sturluson, Snorri. "Grímnismal, estrofa 14". Edda poética. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. Arquivado dende o orixinal o 07/03/2008. Consultado o 22/03/2008.