Gaheris

Gaheris ou Guérrehet é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É o terceiro fillo do Rei Lot e a raíña Morgause e á súa vez, sobriño do Rei Artur. Os seus irmáns son Gauvain, Agravain, Gareth e Mordred.

No libro Le Morte d'Arthur de Thomas Malory, Gaheris é escudeiro do seu irmán máis vello, Gauvain, e axuda a calmar o seu fero temperamento antes de ser nomeado cabaleiro. Participa nos asasinatos por vinganza do rei Pellinore e de sir Lamorak, fillo de Pellinore. O primeiro por asasinar o seu pai e o segundo por ser amante da súa nai.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]