Dímero da galactosa-1-fosfato uridiltransferase de Escherichia coli. | |
Galactosa-1-fosfato uridiltransferasa[1]
| |
Identificadores | |
Símbolo | GALT |
Entrez | 2592 |
HUGO | 4135 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000155 |
UniProt | P07902 |
Outros datos | |
Número EC | 2.7.7.12 |
Locus | Cr. 9 p13 |
A galactosa-1-fosfato uridiltransferase (GALT) (EC 2.7.7.12) é un encima responsable de converter a galactosa inxerida en glicosa.[2]
A GALT cataliza a segunda etapa da ruta de Leloir do metabolismo da galactosa.
O encima está codificado no xene GALT do cromosoma 9[3], e a súa expresión está controlada polo xene FOX3. A ausencia deste encima orixina nos humanos a enfermidade galactosemia que pode ser mortal nos neonatos se non se elimina da dieta a lactosa (disacárido que contén galactosa). A fisiopatoloxía da galactosemia non foi aínda definida claramente.[2]
A galactosa-1-fosfato uridiltransferasa (GALT) cataliza a segunda reacción da ruta de Leloir do metabolismo da galactosa por medio dunha cinética encimática de dobre desprazamento.[5] Isto significa que a reacción neta consiste en dous reactantes e dous produtos, e procede por medio do seguinte mecanismo: O encima reacciona cun substrato para xerar un produto e o encima modificado, o cal posteriormente reacciona co segundo substrato para formar o segundo produto, rexenerándose o encima orixinal.[6] No caso da GALT, o residuo His-166 actúa como un nucleófilo potente para facilitar a transferencia dun nucleótido entre UDP-hexosas e hexosas-1-fosfato.[7]
A GALT necesita un ión ferro un ión cinc por subunidade.[8]
Galactosa-1-fosfato uridiltransferase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | GalP_UDP_transf | ||||||||
Pfam | PF01087 | ||||||||
Pfam clan | CL0265 | ||||||||
PROSITE | PDOC00108 | ||||||||
SCOPe | 1hxp / SUPFAM | ||||||||
|
Galactosa-1-fosfato uridiltransferase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura da nucleotidiltransferase en complexo coa UDP-galactosa | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | GalP_UDP_tr_C | ||||||||
Pfam | PF02744 | ||||||||
Pfam clan | CL0265 | ||||||||
InterPro | IPR005850 | ||||||||
PROSITE | PDOC00108 | ||||||||
SCOPe | 1hxp / SUPFAM | ||||||||
|
A GALT é un homodímero.[8] A estrutura tridimensional por cristalografía de raios X a unha resolución de 1,8 ángstroms da galactosa-1-fosfato uridiltransferase obtivérona Wedekind, Frey e Rayment, e a súa análise estrutural atopou os aminoácidos chave esenciais para a función da GALT.[7] Os aminoácidos importantes encontrados por Wedekind et al. (Leu-4, Phe-75, Asn-77, Asp-78, Phe-79 e Val-108) son concordantes cos residuos que foron implicados en experimentos de mutacións puntuais e en cribado clínico na galactosemia humana.[7][9]
A deficiencia en galactosa-1-fosfato uridiltransferase causa a galactosemia clásica. A galactosemia é unha doenza da nenez de natureza hereditaria.[10] Os trazos autosómicos recesivos afectan aproximadamente a 1 de cada 40.000-60.000 nados. A galactosemia clásica (G/G) é causada por unha deficiencia na actividade da GALT, mentres que a forma máis común, Duarte/Classica (D/G), prodúcese pola atenuación da actividade da GALT.[11] Os síntomas inclúen problemas ováricos, dispraxia (dificultade para falar correctamente e consistentemente)[12] e déficit neurolóxicos.[11] Unha soa mutación nalgúns aminoácidos pode producir atenuación ou deficiencia da actividade da GALT.[13] Por exemplo, unha mutación simple de A a G no exón 6 do xene GALT cambia o Glu-188 por Arg, e unha mutación de A a G no exón 10 cambia o Asn-314 por Asp.[11] Estas dúas mutacións tamén engaden novos sitios de corte para os encimas de restrición.[11] O cribado clínico practicamente eliminou a morte neonatal pola galactosemia clásica, pero a doenza, debido ao papel da GALT no metabolismo da conversión da galactosa inxerida en glicosa, pode ser mortal.[10][14] Porén, as persoas afectadas pola galactosemia poden vivir de forma relativamente normal evitando os produtos que conteñen leite e calquera alimento que conteña galactosa, aínda que hai un risco potencial para problemas no desenvolvemento neurolóxico, ou outras complicacións, mesmo naqueles individuos que eviten a galactosa.[15]