Galaxy Evolution Explorer (GALEX) | |
---|---|
![]() Representación de GALEX. | |
Tipo | Observatorio espacial. |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 28 de abril de 2003[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus XL[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][5] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica no ultravioleta.[2][5] |
NSSDC ID | 2003-017A |
Masa | 280 kg[2][4][5] |
Potencia | 290 vatios[2][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7070,6 km[1] |
Inclinación | 29 graos[1] |
Apoapse | 702,4 km[1] |
Periapse | 696,8 km[1] |
Galaxy Evolution Explorer, máis coñecido polo seu acrónimo GALEX e tamén nomeado como Explorer 83, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer lanzado o 28 de abril de 2003 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Pegasus XL.[2][4]
A misión de GALEX é observar o ceo na banda ultravioleta para estudar a orixe e evolución das galaxias e a orixe das estrelas e os elementos pesados no rango do corremento ao roxo (z) entre 0 e 2.[2][4]
O satélite estabilízase nos tres eixos e a alimentación eléctrica é proporcionada por catro paneis solares fixos con células de arseniuro de galio. O bus está baseado no OrbView 4 da empresa Orbital Sciences.[2][5]
As comunicacións teñen lugar mediante unha ligazón en banda X cunha velocidade de descarga de ata 25 Mbps. Úsase a banda S para enviar comandos cara ao satélite e para obter datos de mantemento, cunha velocidade de ata 2 Mbps.
GALEX usa un telescopio de 50 cm de apertura de tipo Ritchey-Chretien que encamiña a luz a un par de sensores capaces de observar no rango de lonxitudes de onda de 175 a 280 nanómetros e no rango de 135 a 174 nanómetros.[2][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galaxy Evolution Explorer |