Gallica | |
---|---|
Na rede | |
https://gallica.bnf.fr/ | |
Gallica é a biblioteca dixital da Biblioteca Nacional de Francia e das súas entidades asociadas. En libre acceso dende 1997, agrupa millóns de documentos, entre os que se inclúen libros en formato EPUB, xornais, revistas, imaxes, gravacións, manuscritos e vídeos, entre outros.
Cada documento de Gallica ten asociado un identificador numérico para a súa conservación a longo prazo, chamado Archival Resource Key (ARK). Todos os documentos contan cunha nota propia, que pode conter os seguintes descritores:
Nome | Descrición |
---|---|
Título | O título da obra |
Editor | O editor da obra |
Data de edición | A data de publicación orixinal da obra |
Asunto | Nomes e expresións clave para facer as procuras |
Tipo | O tipo de documento |
Formato do orixinal | O formato da obra orixinal |
Formato da versión dixital | O formato da obra dixitalizada |
Dereitos | Os dereitos de uso da obra |
Identificador | Un identificador estandarizado |
As primeiras dixitalizacións datan de 1992, como parte dun proxecto de creación de imaxes dixitais iniciado en 1990.[1] O obxectivo fixado na época era dunhas 300.000 imaxes, coa idea de constituír unha colección multimedia, incluíndo arquivos de son, impresos e de imaxe. O servizo web de Gallica habilitouse o 10 de outubro de 1997.[2]