Gamma Cephei (γ Cephei / γ Cep / 35 Cephei), coñecida tamén coma Alrai ou Errai é unha estrela gamma dobre da constelación de Cefeo, a aproximadamente 50 anos luz da Terra, cunha magnitude aparente de 3.22. O seu nome deriva do árabe Al-ra'i (O pastor).
O sistema de Alrai consiste en dúas estrelas, a máis grande e brillante é unha estrela K1 III-IV . A máis pequena é unha anana vermella, a súa órbita non foi o suficientemente estudada, pero pénsase que orbita excentricamente de 10 a 29 AU no curso de 70 anos.
En 1989 Anthony Lawton e P. Wright anunciaron a existencia dun planeta orbitando arredor de Alrai, que de confirmarse, sería o primeiro planeta extrasolar (exoplanetas) coñecido, pero en 1992 retractáronse das súas teorías.