Ganglios linfáticos epitrocleares

Os ganglios linfáticos epitrocleares ou supratrocleares son un conxunto de ganglios linfáticos, pertencentes ao grupo axilar. Están situados xunto a epitróclea umeral, preto da vea basílica. Drena a linfa do dedo medio, dedo anular, e do maimiño. Tamén da parte interna ou medial do antebrazo, en torno ao óso cubital. Os vasos linfáticos eferentes acompañan á vea basílica, no seu percorrido polo membro superior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.