Garrano

Manda de garranos na serra da Groba.
Manda de garranos nos altos da Groba.

Os garranos (Equus ferus atlanticus) son équidos que habitan no norte da Península Ibérica. Son coñecidos tamén como burras. Na serra da Groba consérvase o exemplar de garrano máis xenuíno,[Cómpre referencia] e nos últimos anos ten evolucionado en alzada e cor da capa polo control humano que se fai na festa dos curros e o número baixo de garañóns. A capa dominante segue a ser a castaña e a alzada a máis baixa de todas as razas de garranos de Portugal, norte de España e sur de Francia. De todos os garranos existentes na área xeográfica do norte peninsular as burras da Serra da Groba son os de menor alzada.[Cómpre referencia]

Importancia

[editar | editar a fonte]

Probablemente foron representados na arte parietal dende hai 30 000 anos xunto con outras razas.[1] Da Serra da Groba foron os exemplares que se colleron para crear a raza Cabalo de pura raza galega, que nun primeiro momento se chamou Cabalo Galego do Monte, cando se creou polo Real decreto 1682/1997 a raza equina en perigo de extinción, única raza de cabalo autóctono, e que levou a crear unhas características raciais que hoxe se utilizan no Rexistro de Pura Raza Galega.

Coñecida a evolución dos últimos anos dos garranos na Serra da Groba, e dada a importancia destes animais que son a única reserva de cabalos salvaxes do Atlántico e a maior manda de garranos que hai en liberdade de Europa e un dos poucos lugares onde se pode velos en liberdade e sen necesidade de intervención humana para sobrevivir, é polo que se está tentando analizar o gran tesouro biolóxico e cultural para que se coñezan algunhas características particulares e entre todos buscar que non se perdan nin os animais nin as tradicións ligadas a eles, e pór en valor as burras da Groba, garranos milenarios que aínda subsisten.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Manso 2019.
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2022. Consultado o 12 de outubro de 2022.