Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Morte | 599 |
Lista de reis dos pictos | |
584 – 599 ← Bridei I – Nechtan nepos Uerb → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pai | Áedán mac Gabráin |
Gartnait II, fillo de Domelch, morto no ano 595 foi un rei dos pictos dende o ano 584 até o 595.
As listas da Crónica picta, contidas no manuscrito de Poppleton, citan a Gartnait despois de Bridei, fillo de Maelchon, cuxa morte c. 584 está rexistrada nos anais irlandeses. A morte de Gartnait aparece nos Anais de Tigernach c.599 e as listas de reis din que foi sucedido por Nechtan nepos Uerb.[1]
Algunhas versións das listas de reis asocian a Gartnait coa fundación do mosteiro de Abernethy, malia que outras versións asóciano con Nechtan nepos Uerb ou outros reis lendarios como Nechtan, fillo de Erp.[2]
Predecesor: Bridei I |
Rei dos pictos 554 - 584 |
Sucesor: Nechtan II |