Garuda 1 | |
---|---|
Tipo | Comunicacións |
Fabricante | Lockheed Martin |
Organización | Asia Cellular Satellite |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 12 de febreiro de 2000[1][4][5][6] |
Foguete portador | Proton K/DM-3[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[1][2] |
Obxectivo da misión | Servizos de comunicación.[1][2] |
NSSDC ID | 2000-011A |
Masa | 4500 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42262 km[4] |
Inclinación | 4,1º[4] |
Apoapse | 35.916,9 km[4] |
Periapse | 35.866,8 km[4] |
Garuda 1 foi un satélite de comunicacións de indonesio lanzado o 12 de febreiro de 2000 mediante un foguete Proton K/DM-3 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3]
Garuda 1 foi o primeiro satélite de comunicacións en ofrecer servizos de telefonía móbil desde a órbita xeoestacionaria. Pertencía á empresa Asia Cellular Satellite (ACeS). Ía ser o primeiro dunha constelación de satélites adicada a dar este tipo de servizo, pero o Garuda 2 nunca se chegou a lanzar e o proxecto non se levou a cabo.[1][2][3]
O satélite usaba o bus A2100AXX e os seus paneis solares xeraban 14 kW de potencia. Levaba 110 transpondedores de banda L a bordo e daba cobertura a unha zona con 3500 millóns de habitantes. Potencialmente era capaz de xestionar 2 millóns de chamadas diarias, pero un problema nos seus transpondedores diminuíu esa cifra a 1,4 millóns. Garuda 1 foi retirado en 2015 e movido a unha órbita cemiterio máis alá da órbita xeoestacionaria.[1][2][3]