Gato de Kellas

Exemplar de gato de Kellas disecado.

O gato de Kellas ou gato Kellas é un pequeno felino negro atopado en Escocia. É un híbrido entre o gato bravo escocés (Felis silvestris silvestris syn. Felis silvestris grampia) e o gato doméstico (Felis catus).

Descrición

[editar | editar a fonte]

O gato de Kellas descríbese como de vinte e catro a trinta e seis polgadas (61 a 91 cm) de longo, con patas traseiras longas e poderosas e unha cola que pode chegar a medir ao redor de doce polgadas (30 cm) de longo; o seu peso varía de cinco a quince libras (2.3 a 6.8 kg). O animal atrapado en 1984 medía quince polgadas (38 cm) á altura do ombreiro e corenta e tres polgadas (110 cm) de lonxitude. Un espécime gárdase nun museo en Elgin. O Museo de Zooloxía da Universidade de Aberdeen tamén ten un espécime montado que foi atopado durante 2002 na área de Insch de Aberdeenshire.[1]

Un investigador do Museo Nacional de Escocia examinou oito espécimes de gatos Kellas. Un cadáver xa estaba na colección do Museo; os sete restantes foron proporcionados por Dei Francis, a quen Thomas describe como un "escritor, investigador e naturalista práctico". Identificou a un dos animais como un gato montés melanístico; este macho xuvenil foi o primeiro gato montés documentado como melanístico en Escocia. Concluíuse que a maioría dos outros espécimes examinados eran híbridos pero estaban máis estreitamente aliñados co gato montés escocés; só un híbrido inclinouse máis cara a un gato doméstico.[2]

Relación coa mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Ás veces pensouse que o gato de Kellas era un gato salvaxe mitolóxico e os poucos avistamentos foron tomados como farsas. Un espécime foi morto dun disparo en 1984 por un garda de coto chamado Ronnie Douglas e descubriuse que era un híbrido dun gato salvaxe e un doméstico.[3] Non é unha raza formal de gato, senón unha variedade de felinos híbridos. O espécime foi nomeado polo criptozoólogo Karl Shuker levando o nome de Kellas, Moray, onde foi avistado por primeira vez. Shuker suxeriu que o gato sidhe da lenda celta está baseada no folclore dos gatos de Kellas.

  1. "Collection ABDUZ, University of Aberdeen, Zoology Museum". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  2. "Welcome to Elgin Museum!" (en inglés). Consultado o 2020-11-23. 
  3. Walker's Carnivores of the World By Ronald M. Nowak, Ernest Pillsbury Walker, David W. MacDonald p. 237.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Karl Shuker: Mystery Cats of the World. Robert Ale: London 1989. ISBN 0-7090-3706-6
  • Karl Shuker: "The Kellas Cat: Reviewing an Enigma". Cryptozoology, vol. 9, pp. 26 – 40 (1990)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]