Gavialoidea Rango fósil: Cretáceo tardío - Actual (desde hai 72,1 millóns de anos) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gavial, Gavialis gangeticus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subgrupos | |||||||||||
Gavialoidea (gavialoideos) é unha das tres superfamilias de crocodilianos, as outras dúas son Alligatoroidea e Crocodyloidea. Coñécense moitas especies extintas desta superfamilia, pero os seus únicos representantes vivos son o gavial (Gavialis gangeticus) e o falso gavial (Tomistoma schlegelii). Este clado inclúe todos os crocodilianos máis estreitmente emparentados con Gavialis gangeticus que con Crocodylus niloticus e con Alligator mississippiensis.
Os Gavialoidea conteñen a familia Gavialidae e varias formas basais extintas como Thoracosaurus e Eosuchus. Dentro de Gavialidae hai dúas subfamilias: Gavialinae, que inclúe o gavial vivo, e Gryposuchinae, que comprende varias formas extintas como Gryposuchus e Aktiogavialis.[1]
Ademais destes grupos, os estudos moleculares recentes indican consistentemente que o falso gavial (e por inferencia outras formas extintas relaciondas), que tradicionalmente se consideraba que pertencían á subfamilia Tomistominae pertencen tamén a Gavialoidea.[2] Como indica o seu nome, o falso gavial pensábase antes que só estaba distantemente relacionado co gavial a pesar da súa aparencia similar. O falso gavial e outros tomistominos foron clasificados tradicionalmente na superfamilia Crocodyloidea como parentes próximos dos crocodilos. Esta clasificación estaba baseada en evidencias morfolóxicas, as cales cando se incorporaron ás análises filoxenáticas, a miúdo situaban o grupo dentro dos Crocodyloidea.[3]
A continuación móstrase un cladograma segundo Vélez-Juarbe et al. (2007) que representa as relacións filoxenéticas dos Gavialoidea, excluíndo os tomistominos.[1]
Gavialoidea |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||