Geoffrey Ernest Richard Lloyd

Modelo:BiografíaGeoffrey Ernest Richard Lloyd
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1933 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Swansea, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónKing's College
Charterhouse School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da medicina (pt) Traducir, historiador, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoGiovanni R. F. Ferrari (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX998036 Dialnet: 2133294

Geoffrey Ernest Richard Lloyd, citado moitas veces como Geoffrey Lloyd ou G. E. R. Lloyd, nado o 25 de xaneiro de 1933 en Londres, é un historiador da Ciencia Antiga e da Medicina, profesor emérito da Universidade de Cambridge e investigador no Needham Research Institute de Cambridge, Reino Unido.[1] e tamén un comparatista da cultura occidental coa chinesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seus pais eran, ambos os dous, médicos. Un irmán seu ía ser tamén médico. Geoffrey Lloyd pensou seguir tamén esa senda familiar que, en todo caso, aínda que non o fixo, interesoulle sobre todo historicamente.

Grazas ao empeño familiar, Geoffrey formouse en diferentes centros, obtivo unha bolsa de estudos para Charterhouse, onde destacou en matemáticas, e aprendeu de forma autodidacta o italiano.

Entre 1954 e 1955 pasou un ano en Atenas, onde chegou a dominar o instrumento bouzouki, á parte de aprender grego moderno. Chamado para o servizo militar en 1958, enviárono a Chipre durante a insurxencia do EOKA. Nada sabían os militares de que falara grego, o que produciu unha sorpresa.

A análise de textos da antiga filosofía grega foi o seu obxectivo, pero fíxoo cunha mirada moi orixinal, pois xa tiña interese pola antropoloxía. Os estudos de doutoramento realizounos baixo a dirección de Geoffrey Kirk, centrándose nos padróns de polaridade e analoxía no pensamento grego; a súa tese, despois de revisada, apareceu en 1966.

Ao seu regreso a Cambridge en 1960, por influencia de Edmund Leach estudou profundamente o novo enfoque da antropoloxía estrutural, grazas á obra dunha figura xa destacada, Claude Lévi-Strauss. En 1965, grazas ao apoio de Moses Finley, foi nomeado profesor axudante.

Despois dunha visita a China para impartir clases durante o ano 1987, Lloyd dirixiu os seus estudos cara ao chinés clásico. Isto subministroulle unha ampla visión comparativa nos seus traballos máis recentes. Seguindo a estela dos estudos do sinólogo Joseph Needham analizou como as distintas culturas políticas da antiga China e Grecia influíron nas diferentes formas do discurso científico destas culturas.

Desempeñou diversos cargos nas facultades do King’s College e, posteriormente, do Darwin College. Mantén cargos de responsabilidade no Needham Research Institute, centro de estudos da cultura chinesa.

En 1997 concedéuselle o título de Sir en recoñecemento á súa contribución ao estudo da historia do pensamento.

Actualmente vive gran parte do ano na súa residencia en España, onde se dedica á escritura.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • 1966. Polarity and Analogy: Two Types of Argumentation in Early Greek Thought. Cambridge, Cambridge Univ. Tr.: Polaridad y analogía, Madrid, Taurus, 1987.
  • 1968. Aristotle: The Growth and Structure of his Thought, Cambridge, Cambridge Univ. Tr.: Aristóteles, Buenos Aires, Prometeo, 2007.
  • 1970. Early Greek Science: Thales to Aristotle, Nova York, Norton. Tr. De Tales a Aristóteles, Buenos Aires, EUDEBA, 1973.
  • 1973. Greek Science after Aristotle, Nova York, Norton, 1973.
  • 1978. Aristotle on Mind and the Senses, Cambridge, Cambridge Univ., recopilado junto con G.E.L. Owen.
  • 1978. (con J. Chadwick) Hippocratic Writings, Penguin Classics.
  • 1979. Magic Reason and Experience: Studies in the Origin and Development of Greek Science, Cambridge, Cambridge Univ.
  • 1981 Colabora en M. Finley, The Legacy of Greece, Oxford, Oxford Univ. Tr. El legado de Grecia (capítulo: "Ciencia y matemáticas").
  • 1983. Science, Folklore and Ideology, Cambridge, Cambridge Univ.
  • 1987. The Revolutions of Wisdom: Studies in the Claims and Practice of Ancient Greek Science, Berkeley, Univ. of California.
  • 1990. Demystifying Mentalities, Cambridge, Cambridge Univ. Tr.: Las mentalidades y su desenmascaramiento, Madrid, Siglo XXI, 1996.
  • 1991. Methods and Problems in Greek Science, Cambridge, Cambridge Univ. Pr.
  • 1996. Adversaries and Authorities: Investigations into Ancient Greek and Chinese Science, Cambridge, Cambridge Univ.
  • Dirige con J. Brunschwig, Le savoir grecque, París, Flammarion. Tr. El saber griego, Madrid, Akal, 2000.
  • 1996. Aristotelian Explorations, Cambridge, Cambridge Univ.
  • 2002. The Ambitions of Curiosity: Understanding the World in Ancient Greece and China, Cambridge, Cambridge Univ. Tr.: Las aspiraciones de la curiosidad. La comprensión del mundo en la Antigüedad. Grecia y China, Madrid, Siglo XXI, 2008.
  • 2002. (con Nathan Sivin) The Way and the Word: Science and Medicine in Early China and Greece, New Haven, Yale Univ.
  • 2003. In the Grip of Disease: Studies in the Greek Imagination, Nova York-Oxford, Oxford Univ. ISBN 0-19-927587-4.
  • 2004. Ancient Worlds, Modern Reflections: Philosophical Perspectives on Greek and Chinese Science and Culture, Nova York, Oxford Univ. ISBN 0-19-928870-4.
  • 2005. The Delusions of Invulnerability: Wisdom and Morality in Ancient Greece, China and Today, Londres, Duckworth. ISBN 0-7156-3386-4.
  • 2006. Principles and Practices in Ancient Greek and Chinese Science, Aldershot, Ashgate (Variorum). ISBN 0-86078-993-4.
  • 2007. Cognitive Variations: Reflections on the Unity and Diversity of the Human Mind, Oxford, Clarendon. ISBN 0-19-921461-1.
  • 2009. Disciplines in the Making, Oxford Univ. ISBN 978-0-19-956787-4.
  1. "British Academy Fellowship entry". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Edward Grant, "1987 Sarton Medal Citation". Isis, 79(1988): 243-4.
  • Entrevista con Lloyd, e bibliografía, en VV. AA. Reales e imaginarios. Diálogos, Cuatro.ediciones, 2010, ISBN 978-84-933199-5-3.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]